Viaduto do Ulla (AP-53)

viaduto da autoestrada AP-53 sobre o río Ulla
(Redirixido desde «Viaduto de Reguenga»)

O viaduto do Ulla, tamén coñecido como viaduto de Reguenga, é unha infraestrutura construída para salvar o paso do río Ulla, situada na autoestrada AP-53 (sector dependente do ministerio de Fomento da Autoestrada Central Galega) entre os concellos de Vedra (A Coruña) e Silleda (Pontevedra).

Viaduto do Ulla
Viaduto de Reguenga.jpg
Localización
RíoRío Ulla
ConcelloVedra - Silleda
ProvinciaA Coruña - Pontevedra
Características
Construción2003
Lonxitude700 m
Gálibo65 m
TipoTrabe
MaterialFormigón armado
Fomento segue a rotular as súas obras en Galicia só en castelán.

CaracterísticasEditar

Encóntrase no Tramo I, Santiago-Silleda, da autoestrada central galega, de 33,6 km de lonxitude, sendo o viaduto máis longo dos doce que ten este tramo.[1]

O viaduto, sobre o río Ulla, no límite das provincias da Coruña e Pontevedra, conta 700 m de lonxitude, ten 16 vans e calzadas separadas que franquean o val do Ulla. A altura sobre o río no van que o cruza é de 65 m.[1]

O viaduto arranca na parroquia Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), preto do lugar do Coto, onde se encontra a Área recreativa de Agronovo,[2] e remata no lugar de Reguenga da parroquia de Cervaña (Silleda).[3] moi preto da limítrofe parroquia de Arnois, xa no concello da Estrada.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 ACEGA-AP53 Acega. Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. en Itínere.
  2. "Área recreativa de Agronovo" Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en El Correo Gallego, 19-03-2012
  3. Cervaña na web do concello de Silleda.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar