Abrir o menú principal

Viaduto de Pontevedra (Redondela)

Coordenadas: 42°17′03″N 8°36′31″O / 42.28417, -8.60861

Viaduto de Pontevedra
Viaduto de Pontevedra, Redondela.jpg
Localización
RíoVal de Redondela (río Alvedosa)
ConcelloRedondela
ProvinciaPontevedra, Galicia
Características
Construción1884
Lonxitude250 m
Ancho3 m
MaterialFerro

O viaduto de Pontevedra é unha das dúas pontes ferroviarias que atravesan o centro da vila pontevedresa de Redondela, xunto co viaduto de Madrid. Foi inaugurado no ano 1884 polo enxeñeiro e arquitecto Mariano Carderera Ponzán (1846-1916), oito anos despois da inauguración do viaduto de Madrid. Até comezos do século XXI estivo en funcionamento, soportando a pasaxe de convois da liña Vigo-A Coruña. Deixou de usarse coa inauguración do eixe atlántico de alta velocidade.

No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural pero aínda non foi resolto [1].

NotasEditar

  1. "Viadutos de Redondela, Ben de Interese Cultural". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 02 de febreiro de 2013. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar