Buceira

trebello de coiro ou arame usado para impedir que un animal poida trabar ou para a comer
(Redirección desde «Vetillo»)

A buceira,[1] tamén chamada bozo,[2] buzo,[3] cofiño,[4] embozo[5] ou vetillo,[6] é un aparello que se emprega para cubrir o fociño dun animal co obxectivo de que este non poida comer ou trabar.

Pit bull con buceira de paseo.
Can con buceira.

Descrición editar

A buceira consiste nunha estrutura de coiro, plástico ou metal que se adapta ó fociño do animal ó cal se fixa por unha fita que pasa por detrás da cabeza. A buceira axústase ó fociño para impedir que o animal abra a boca pero é aberto abondo para permitirlle respirar.

Usos editar

As buceiras úsanse en diferentes situacións:

  • Nos animais de carga cando traballan no campo para evitar que paren a comer.
  • Úsase a miúdo nas carreiras de cabalos.
  • Por razóns de seguridade, póñenselles ós cans considerados agresivos cando se sacan de paseo.

Notas editar