Verosimilitude
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
A verosimilitude textual, xunto coa tensión textual, son as características fundamentais que deben observar os textos tanto narrativos coma descritivos para lles ser recoñecida a súa adecuidade por parte do receptor, para resultaren cribles e amenos a aquel que le ou escoita. Ámbolos dous factores conséguense por procedementos de cohesión interna, pois a presenza de tensión apoia inevitablemente á verosimilitude.
Conceptos
editarNon se debe confundir a verosimilitude co realismo. A exacta imitación, a completa reprodución do real non implica de seu credibilidade, como se deduce das palabras de Lázaro Carreter sobre o 'realismo' novelesco: o realismo non implica copia fiel dos aspectos máis sensibles da realidade senón reprodución creativa desta na esfera do imaxinario". A verosimilitude acádase por procedementos de cohesión interna que permiten que parezan verdadeiros os sucesos contados inda que non o sexan.
Entre estes feitos, están aqueles que favorecen a tensión textual. Toda boa narración ha de mante-lo interese e a curiosidade do lector. O que narra pode e debe manter o interese do lector mediante:
- a natureza mesma da acción,
- a estrutura novelística,
- a perfecta recreación dun ambiente, dunha relación, de sentimentos,
- a caracterización dos personaxes,
- o emprego de figuras estilísticas,
- ou mediante a conxunción destes elementos.