Vernor Steffen Vinge, nado o 2 de outubro de 1944 en Waukesha (Wisconsin), é un experto en computación, escritor de ciencia ficción e profesor retirado da Universidade do Estado de San Diego (SDSU).[1]

Infotaula de personaVernor Vinge

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Vernor Steffen Vinge Editar o valor em Wikidata
2 de outubro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Waukesha, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de marzo de 2024 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
La Jolla, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Profesor emérito

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Califórnia em San Diego (pt) Traducir - matemáticas
Michigan State University (pt) Traducir - graduado en ciencias
Universidade da Califórnia em San Diego (pt) Traducir - mestría en artes
Universidade Estatal de San Diego Editar o valor em Wikidata
Director de teseStefan Warschawski Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, ciencias da computación e literatura de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , escritor , escritor de ciencia ficción , novelista , informático teórico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de San Diego (1972–2000) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoan D. Vinge (en) Traducir (1972–1979), divorcio Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1983singularidade tecnolóxica Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Vinge-40

Biografía editar

Vernor Vinge é fillo de xeógrafos. A ciencia e os ordenadores fascinárono dende a infancia, así que acadou un doutoramento en informática e ensinou matemáticas e informática na Universidade do Estado de San Diego durante trinta anos.

Estivo casado con Joan D. Vinge, a tamén escritora de ciencia ficción.

Gañador de premios literarios de prestixio como o Premio Hugo por varias das súas novelas de ciencia ficción.

Vernor Vinge é unha figura icónica para os científicos cibernéticos polo seu traballo case visionario da tecnoloxía de Internet en obras como "True Names", así como pola súa teoría da singularidade tecnolóxica.

Actualmente reside en San Diego (California), aínda que xa non imparte clases na universidade, dado que decidiu retirarse para centrar o traballo na escritura.[1]

Obra editar

Vinge publicou a súa primeira historia curta, "Bookworm, Run!", en 1965 na revista Analog Science Fiction (inicialmente, Astounding, e actualmente, Analog) mentres o seu editor era John W. Campbell.

Vinge foi un colaborador usual de revistas de ciencia ficción semellantes a Analog durante os 60 e inicios dos 70. Nesta época publicou tamén dúas das súas historias compiladas nunha novela curta: "The Witling" (1975).

Mais Vinge sobresaíu no ano 1981 coa novela "True Names", unha das primeiras historias que presentan un concepto completo do ciberespazo. Isto sería máis tarde a base para o xénero literario ciberpunk, cultivado por autores como William Gibson ou Neal Stephenson.

O seu seguinte traballo, "Realtime" (no que se recompilan inicialmente dúas das súas novelas: "The Peace War" e "Marooned in Realtime") construíu a reputación de Vinge como un autor que exploraría as ideas da ciencia ficción e as súas conclusións lóxicas. Esta obra, xunto coa xa mencionada "True Names", iniciarían o interese de Vinge pola singularidade tecnolóxica, dado que "True Names" sucede nun mundo xa na cúspide da singularidade, "The Peace War" mostra un universo no que a singularidade foi posposta, e "Marooned in Realtime" trata dun grupo de persoas que conseguen evitala.

Outra das súas obras máis relevantes é "Fire Upon the Deep", onde Vinge constrúe unha space opera típica, algo estraño nel, xa que adoitaba, como temos comprobado, plasmar nas súas obras que dunha maneira ou doutra a tecnoloxía para descubrir o espazo nos enviaba cara á singularidade. Esta obra inclúe gran cantidade de ideas, creando un complexo universo e, polo tanto, tamén unha historia complexa.[2]

Bibliografía completa[3] editar

Series de ficción

  • Realtime
    • The Peace War (1984)
      • Serializacions:
      • The Peace War (Part 1 of 4) (1984)
      • The Peace War (Part 2 of 4) (1984)
      • The Peace War (Part 3 of 4) (1984)
      • The Peace War (Part 4 of 4) (1984)
    • Marooned in Realtime (1986)
      • Serializacions:
      • Marooned in Realtime (Part 1 of 4) (1986)
      • Marooned in Realtime (Part 2 of 4) (1986)
      • Marooned in Realtime (Part 3 of 4) (1986)
      • Marooned in Realtime (Part 4 of 4) (1986)
    • The Ungoverned (1985) 
    • Across Realtime (1986) 
  • Tatja Grimm
    • Grimm's Story (1968) 
    • Grimm's World (1969)
    • Tatja Grimm's World (1969)
    • The Barbarian Princess (1986)
  • Zones of Thought
    • A Fire Upon the Deep (1992)
    • A Deepness in the Sky (1999)
    • The Children of the Sky (2011)
    • The Blabber (1988) 
    • Zones of Thought (2010) 

Novelas

  • The Witling (1976)
  • Rainbows End (2006)

Coleccións

True Names ... and Other Dangers (1987)

Threats ... and Other Promises (1988)

The Collected Stories of Vernor Vinge (2001)

Panfletos

  • True Names (1984)
  • Fast Times at Fairmont High (2002)

Relato curto

  • Apartness (1965)
  • Bookworm, Run! (1966)
  • The Accomplice (1967)
  • Conquest by Default (1968)
  • Bomb Scare (1970)
  • The Science Fair (1971)
  • Just Peace (1971) con William Rupp 
  • Long Shot (1972)
  • Original Sin (1972)
  • The Whirligig of Time (1974)
  • The Peddler's Apprentice (1975) con Joan D. Vinge 
  • True Names (1981)
  • Gemstone (1983)
  • Win a Nobel Prize! (2000)
  • Fast Times at Fairmont High (2001)
  • The Cookie Monster (2003)
  • Synthetic Serendipity (2004)
  • A Preliminary Assessment of the Drake Equation, Being an Excerpt from the Memoirs of Star Captain Y.-T. Lee (2010)
  • BFF's First Adventure (2015)

Ensaios

  • Afterword (Nightflyers) (1981)
  • First Word (Omni, January 1983) (1983)
  • Afterword (Across Realtime) (1985)
  • Afterword (Marooned in Real Time) (1987)
  • Afterword (Marooned in Realtime) (1987) a
  • Introductions (True Names ... and Other Dangers) (1987)
  • Behind the Scenes of A Fire Upon the Deep (1993)
  • The Coming Technological Singularity: How to Survive in the Post-Human Era (1993)
  • Letter (Locus #393) (1993)
  • Foreword (The Collected Stories of Vernor Vinge) (2001)
  • Introduction (The Skylark of Space) (2001)
  • Read This (NYRSF, March 2001) (2001)
  • Introduction (True Names and the Opening of the Cyberspace Frontier) (2001)
  • Introduction (Tomorrow Happens) (2003)
  • On "The Cookie Monster" (2005)
  • The Care and Feeding of Authors (2010)
  • Introduction (Insistence of Vision) (2016)

Referencias noutros traballos editar

  • "The Fifth Head of Cerberus" (1972), Gene Wolfe, novela.
  • "Kiln People" (2002), David Brin, novela.
  • "Questionable Content" (2003), Jeph Jacques, webcomic.
  • "Accelerando" (2005), Charles Stross, novela.
  • "When Machines Exceed Human Intelligence" (2009), Harmonic 313, álbum musical.
  • "WWW: Watch" (2009), Robert J. Sawyer, novela.
  • "Star Carrier" (2010-2015), Ian Douglas, saga literaria.
  • "The Girl in the Spider's Web" (2015), David Lagercrantz, novela.

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Vernor Vinge". Worlds Without End. Consultado o 2016-11-28. 
  2. "Vernor Vinge Books - Biography and List of Works - Author of 'A Deepness In the Sky'". www.biblio.com. Consultado o 2016-11-28. 
  3. "Summary Bibliography: Vernor Vinge". www.isfdb.org. Consultado o 2016-11-28. 
  4. "1993 Hugo Awards". The Hugo Awards (en inglés). 2007-07-26. Consultado o 2016-11-28. 
  5. "2000 Hugo Awards". The Hugo Awards (en inglés). 2007-07-26. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 2016-11-28. 
  6. "2002 Hugo Awards". The Hugo Awards (en inglés). 2007-07-26. Consultado o 2016-11-28. 
  7. "2004 Hugo Awards". The Hugo Awards (en inglés). 2007-07-24. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 2016-11-28. 
  8. "2007 Hugo Awards". The Hugo Awards (en inglés). 2007-08-09. Consultado o 2016-11-28.