Verlyn Flieger

escritora británica

Verlyn Flieger, nada en 1933, é unha autora, editora e profesora do Departamento de Inglés da Universidade de Maryland en College Park. Está especializada na mitoloxía comparada, na literatura medieval, e na obra de J. R. R. Tolkien. Ten varios libros e publicacións sobre Tolkien, e é unha académica recoñecida neste eido.

Modelo:BiografíaVerlyn Flieger
Biografía
Nacemento1933 Editar o valor en Wikidata (90/91 anos)
EducaciónUniversidade Católica de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e pedagoxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, editora literaria, profesora universitaria, pedagoga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Maryland Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5630457

Traxectoria

editar

Flieger ten unha licenciatura (1972) e un doutoramento (1977) pola Universidade Católica de América, e a partir de 1976 formou parte da Universidade de Maryland. En 2012, retirada da docencia en Maryland, Flieger comezou a impartir estudos sobre o ciclo artúrico online en Signum University.[1][2]

Os seus libros máis coñecidos son Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World (1983), que trata sobre a luz como tema central da mitoloxía de Tolkien; A Question of Time: J. R. R. Tolkien's Road to Faërie, que obtivo o Mythopoeic Award en 1998;[3] e Interrupted Music: The Making of Tolkien's Mythology (2005).[4]

Gañou novamente o Mythopoeic Award en 2002 pola obra Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth, que editou xunto con Carl Hostetter;[5] unha terceira vez en 2013 por Green Suns and Faërie: Essays on J.R.R. Tolkien;[6] e unha cuarta vez en 2019 por There Would Always Be a Fairy Tale: More Essays on Tolkien.[7]

Flieger tamén escribiu fantasía xuvenil, Pig Tale, e historias curtas.[2] Xunto con David Bratman e Michael D. C. Drout, é editora da revista Tolkien Studies: An Annual Scholarly Review.[2]

Obra académica

editar

Como autora, ten publicado os seguintes títulos:

  • Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World. 1983. 
  • Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth. 2000. 
  • A Question of Time: J.R.R. Tolkien's Road to Faërie. 2001. 
  • Interrupted Music: The Making Of Tolkien's Mythology. 2005. 
  • Tolkien on Fairy-stories. 2008. 
  • Green Suns and Faërie: Essays on J.R.R. Tolkien. 2012. 

Tamén ten realizado edicións das seguintes obras de Tolkien:

  • Tolkien, J.R.R. (2005). Smith of Wootton Major. Edición crítica estendida. 
  • Tolkien, J.R.R. (2015). The Story of Kullervo. 
  • Tolkien, J.R.R. (2016). The Lay of Aotrou and Itroun. 

Narrativa

editar

Publicou as seguintes novelas:

  • Pig Tale. 2002. 
  • The Inn at Corbies' Caww. 2011. 

E as seguintes historias curtas:

  • Lowder, James, ed. (2000). "Avilion". The Doom of Camelot. 
  • Anderson, Douglas A., ed. (2005). "Green Hill Country". Seekers of Dreams. 
  1. "Verlyn Flieger". Consultado o 28/06/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Verlyn Flieger". Signum University. Consultado o 28/06/2020. 
  3. "Mythopoeic Awards 1998". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020. 
  4. "Verlyn Flieger". Google Scholar. Consultado o 28/06/2020. 
  5. "Mythopoeic Awards 2002". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020. 
  6. "Mythopoeic Awards 2013". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020. 
  7. "Mythopoeic Awards 2013". Mythopoeic Society. Consultado o 28/06/2020.