Verena Winifred Holmes, nada en Highworth, Ashford, Kent o 23 de xuño de 1889 e finada en Sussex o 20 de febreiro de 1964, foi unha enxeñeira mecánica inglesa e inventora, primeira muller elixida membro na Institución de Enxeñeiros Mecánicos (1924). Firme partidaria das mulleres na enxeñaría,[1] foi unha das primeiras membros da Women's Engineering Society (WES) e a súa presidenta en 1931,[2] sendo a primeira enxeñeira en exercicio que ocupou a presidencia da sociedade.

Infotaula de personaVerena Holmes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1889 Editar o valor em Wikidata
Ashford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1964 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
President of the Women's Engineering Society (en) Traducir
1931 – 1932
← Margaret, Lady MoirElizabeth M. Kennedy (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Loughborough (pt) Traducir
Newcastle High School for Girls (en) Traducir
Oxford High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Verena Holmes era filla de Florence Mary Holmes e Edmond Gore Alexander Holmes, inspector xefe das escolas primarias de Inglaterra. O seu irmán Maurice Gerald Holmes (1885-1964) converteuse nun destacado funcionario británico.[3][4]

Holmes obtivo un emprego construíndo hélices de madeira na Compañía Integral de Hélices, Hendon, despois de graduarse na Escola Secundaria para Nenas de Oxford.[5]

Tomou clases nocturnas no Instituto Técnico de Shoreditch e asistiu a un colexio técnico en Lincoln; serviu como aprendiz e debuxante antes de graduarse no Colexio de Enxeñaría de Loughborough en 1922.[6][7]

Carreira profesional

As súas especialidades técnicas incluían motores mariños e de locomotoras, motores diésel e de combustión interna. Converteuse en membro asociado da Institución de Enxeñeiros Mariños en 1924 e foi admitida na Institución de Enxeñeiros de Locomotoras en 1931.[8]

Traballou en Research Engineers Ltd. de 1932 a 1939, período durante o cal desenvolveu e patentou moitos inventos, entre eles o aparello neumotórax de Holmes e Wingfield para o tratamento de pacientes con tuberculose, un faro de cirurxián, unha válvula de asento para locomotoras de vapor e válvulas rotativas para motores de combustión interna. Tiña patentes para 12 inventos de dispositivos médicos así como compoñentes de motores.[9][10]

Durante a segunda guerra mundial traballou no armamento naval e en 1940 converteuse en asesora de Ernest Bevin, o ministro de traballo, sobre a formación dos traballadores da munición.[11] Estivo moi involucrada no fomento e o apoio ás mulleres na enxeñaría. Xunto con Caroline Haslett e Claudia Parsons, participou activamente na Women's Engineering Society fundada en 1919. Serviu a esa sociedade en varios postos, incluíndo o de presidenta en 1930 e 1931.[9]

Apoio as mulleres enxeñeiras

O seu labor de apoio ás mulleres na enxeñaría baseouse en parte na súa propia experiencia; aínda que fora admitida na Institución de Enxeñeiros Mecánicos como membro asociado en 1924, tardou vinte anos en ser admitida como membro de pleno dereito. Fundou a empresa de enxeñaría Holmes and Leather en 1946, que só empregaba mulleres. Utilizando un deseño creado por Holmes, esta firma creou a primeira guillotina de seguridade práctica para papel, facéndoa adecuada para a súa introdución nas escolas.[9] En 1958, publicou un folleto, Training and Opportunities for Women in Engineering.[3]

Desde 1969, a Women's Engineering Society apoiou unha conferencia anual Verena Holmes[12] que se deu en varios lugares de Gran Bretaña a nenos de nove a once anos para fomentar o interese na enxeñaría, aínda que agora o programa está pechado. A Institución de Enxeñeiros Mecánicos (IMechE) cambiou o nome do Premio á Igualdade e a Diversidade polo de Verena Winifred Holmes Award na súa memoria.[13]

Notas editar

  1. "Magnificent Women: Verena Holmes" (PDF). Women's Engineering Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2020. Consultado o 4 xuño 2019. 
  2. "Presidents Past & Present". Women's Engineering Society. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2020. Consultado o 18 marzo 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Holmes, Verena Winifred (1889–1964), engineer". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/9780198614128.001.0001/odnb-9780198614128-e-66362;jsessionid=d83ac667713d61f419a0a93e758f1e93. Consultado o 2020-05-04. 
  4. "Holmes, Sir Maurice Gerald (1885–1964), civil servant and educationist". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/9780198614128.001.0001/odnb-9780198614128-e-63809. Consultado o 2020-05-06. 
  5. "WES President Biographies1919-1985" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05-06-2020. Consultado o 6-5-2020. 
  6. Carroll Pursell (1993). "Am I a Lady or an Engineer?" The Origins of the Women's Engineering Society in Britain, 1918-1940". Technology and Culture 34 (1): 78–97. JSTOR 3106456. doi:10.2307/3106456. 
  7. imechearchive (2014-06-27). "ANNIVERSARY SERIES- Verena Holmes". IMechE Archive and Library (en inglés). Consultado o 2020-05-06. 
  8. imechearchive (2017-03-31). "CLAUDIA & VERENA". IMechE Archive and Library (en inglés). Consultado o 2020-05-04. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Stanley, Autumn (1995). Mothers and Daughters of Invention: Notes for a Revised History of Technology. Rutgers University Press. ISBN 9780813521978. 
  10. Gutiérrez Pereda, Inmaculada. "MUJERES INVENTORAS, MUJERES INGENIERAs" (PDF). Universidad de Cantabria. Consultado o 6-5-2020. 
  11. "53: Verena holmes". Magnificent Women (en inglés). Consultado o 2020-05-04. 
  12. "The Verena Holmes Lecture Series". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2020. Consultado o 24 febreiro 2013. 
  13. "Verena Winifred Holmes Award". www.imeche.org. Consultado o 2020-05-04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar