Verdandi ou Verðandi era unha das tres Norns da mitoloxía nórdica xunto a Urd e Skuld. O seu nome significa "aquilo que está sucedendo", "o que é/está" ou "o ser".

Verdandi era a Norn que decidía a lonxitude do fío da vida de todo. Incluso os deuses estaban suxeitos á súa vontade. Ela decidía canto e como vivirían, e cando e como morrerían todas as cousas viventes.