Vera Tiesler
Vera Ingrid Gudrun Janine Tiesler, nada en Frankfurt o 2 de setembro de 1965, é unha catedrática da Universidade Autónoma do Iucatán, académica e investigadora de orixe alemá, radicada en México. É especialista en Antropoloxía Esquelética, Particularmente en estudos da cultura maia, actual e ancestral.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Frankfurt, Alemaña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Bioarqueologia (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | arqueóloga , científica ![]() |
Empregador | Universidade Autónoma do Iucatán ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
![]() ![]() |
Adscrita ó Sistema Nacional de Investigadores, a doutora Tiesler posúe un doutoramento en antropoloxía pola Universidade Nacional Autónoma de México e é unha recoñecida académica no mundo dos estudos da cultura maia. Entre as súas investigacións máis salientables están o realizar estudos bio arqueolóxicos ós restos da chamada Raíña Vermella de Palenque e as súas investigacións sobre as modificacións cefálicas dos antigos maias, o que a converten nunha das autoridades máis recoñecidas neste eido.
Notas
editar- ↑ "Currículum Vitae de Vera Tiesler UADY". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Vera Tiesler: bioarqueología en Mesoamérica - Página del Conacyt". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018.