Verónica Casal
Verónica María Casal Míguez, nada en Ferrol o 8 de xullo de 1975, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Verónica Casal | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1975 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Papeleta para o Senado nas eleccións xerais de abril de 2019 na Coruña.
TraxectoriaEditar
É licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comercio exterior. Traballou dous anos como asesora de empresas. De 2011 a 2019 foi concelleira do Concello de Ferrol. En 2019 traballou como asesora para a Deputación da Coruña. Nas Eleccións xerais de abril e nas de novembro de 2019 presentouse ao Senado pola provincia da Coruña,[1] resultando elixida senadora.
NotasEditar
- ↑ García, Javier (7/10/2019). "Juan Juncal y Verónica Casal repiten como candidatos del PP al Senado". COPE (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verónica Casal |