Verán en Louisiana
filme de 1991 dirixido por Robert Mulligan
Verán en Louisiana (en inglés: The Man in the Moon) é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Robert Mulligan. Foi o derradeiro filme dirixido por Mulligan. O guión escribiuno Jenny Wingfield e está protagonizado por Reese Witherspoon, no seu debut no cinema, Sam Waterston, Tess Harper, Emily Warfield e Jason London. O filme recibiu a aclamación da crítica, formando parte na lista dos 10 mellores filmes de 1991 de Roger Ebert.[4]
Verán en Louisiana | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Man in the Moon |
Director | Robert Mulligan |
Produtor | Mark Rydell |
Guión | Jenny Wingfield |
Intérpretes | |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Freddie Francis |
Montaxe | Trudy Ship |
Estudio | Pathé Entertainment[1] |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 4 de outubro de 1991 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 6,6 millóns de dólares[2] |
Recadación | 2,8 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarA historia do filme, ambientada na Luisiana rural da década de 1950, céntrase en Dani (Witherspoon), unha nena marimacho de 14 anos que experimenta o primeiro amor e desamor cando o mozo Court (Jason London) se muda ao lado.
Personaxes
editar- Sam Waterston como Matthew Trant
- Tess Harper como Abigail Trant
- Gail Strickland como Marie Foster
- Reese Witherspoon como Danielle "Dani" Trant
- Jason London como Court Foster
- Emily Warfield como Maureen Trant
- Bentley Mitchum como Billy Sanders
- Ernie Lively como Will Sanders
- Dennis Letts como Doc White
- Earleen Bergeron como Eileen Sanders
- Anna Chappell como Mrs. Taylor
- Brandi e Sandi Smith como Missy Trant
- Derek e Spencer Ball como xemelgos Foster
Notas
editar- ↑ "The Man in the Moon". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 2 de abril de 2021.
- ↑ "MGM/UA/Pathe at a glance". Variety: 12. 23 de maio de 1990.
- ↑ "The Man in the Moon". Box Office Mojo. Consultado o 2 de febreiro de 2020.
- ↑ "Siskel and Ebert Top Ten Lists (1969-1998)". 2012-05-03. Consultado o 2013-10-12 – vía Innermind.com.