Abrir o menú principal

Ventura Sierra

político español
(Redirixido desde "Ventura Sierra Vázquez")

Ventura Sierra Vázquez, nado en Vilariño de Conso o 13 de outubro de 1942, é un político galego do PPdeG.

Ventura Sierra
Nacemento1942
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Foi alcalde de Vilariño de Conso dende as primeiras eleccións democráticas polo PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1995 presentouse polo PPdeG pero non conseguiu a alcaldía, que foi para Manuela González Losada do BNG grazas a un pacto co PSdeG. Con todo en abril de 1996 recuperou a alcaldía grazas ao voto dun tránsfuga. Nas seguintes eleccións volveu presentarse polo PPdeG, sendo elixido alcalde por maioría absoluta. En 2007 fíxose coa alcaldía o candidato do PSdeG-PSOE Arcadio González Rodríguez grazas a un pacto co BNG, pero por discrepancias entre os socios de goberno, dimitiu como alcalde en xuño de 2009, resultado elixido alcalde Ventura Sierra pola indisciplina dun concelleiro do BNG que votou polo candidato do seu partido en lugar de polo do PSdeG[1]. Volveu gañar as eleccións municipais de 2011 e 2015 con maioría absoluta. O 20 de xullo de 2017 presentou a súa renuncia ao pleno do concello, logo de ter sido condenado a sete anos de inhabilitación para cargo público por contratar a 29 persoas sen convocatoria pública.[2] Ocupou o seu posto a primeira tenente alcalde Melisa Macía Domínguez.[3]

Predecesor:
?
  
Alcalde de Vilariño de Conso
 
1979 - 1995
Sucesor:
Manuela González Losada
Predecesor:
Manuela González Losada
  
Alcalde de Vilariño de Conso
 
1996 - 2007
Sucesor:
Arcadio González Rodríguez
Predecesor:
Arcadio González Rodríguez
  
Alcalde de Vilariño de Conso
 
2009 - 2017
Sucesor:
Melisa Macía Domínguez

NotasEditar

Véxase taménEditar