Vento e chuvia
Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia é un libro de Manuel Gago Mariño, con ilustracións de Manel Cráneo, publicado por Edicións Xerais en novembro de 2013.[1] É un proxecto editorial de ficción divulgativa sobre a mitoloxía da antiga Gallaecia.
Vento e chuvia Mitoloxía da antiga Gallaecia | |
---|---|
Autor/a | Manuel Gago Mariño |
Ilustrador/a | Manel Cráneo |
Cuberta | Manel Cráneo |
Orixe | ![]() |
Lingua | galego |
Colección | Biblioteca Blanco Amor |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | novembro de 2013 |
Páxinas | 152 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-575-4 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarVento e chuvia narra as historias de varios seres mitolóxicos e divinos adorados hai máis de dous mil anos en Galicia, durante a coñecida como Idade de Ferro. Parte de seres nados na primeira idade, algúns animais como as serpes Besiba e Is, o salmón dourado, o corvo Graio, o cabalo Ecoine, o lobo Oubou e o boi Bo Gallardo, e outros humanoides como Elaídna, Bror e Brunme. A partir deles nacen algúns humanos da segunda idade, tidos por divindades da mitoloxía galega na cultura castrexa como Bandua, Berobreos, Bormánico, Cossue, Lugoue, Nauia, Reue ou Vestio Alonieco.
Con estes personaxes vai trazando varias historias nas que describe a posible vida cotiá na cultura castrexa, con comercio, loitas e acordos con outros pobos, amais das súas crenzas e rituais sagrados.
Narración
editarO texto está escrito en terceira persoa, cun narrador omnisciente. Contén numerosos apuntamentos a pé de páxina con indicacións sobre a antroponimia e toponimia de orixe celta.
A pesar de ser un libro de ficción destinado á divulgación, conta cunha fonda base científica, e inclúe un posfacio do historiador Marco Virgilio García Quintela e numerosas referencias bibliográficas. Moita da información procede de escavacións arqueolóxicas realizadas en poboados castrexos pouco antes da publicación do libro, como os castros de Besomaño (Ribadumia). Outros castros mencionados decote no libro son os de San Cibrao de Las ou Trega.
O libro ten unha páxina web na que se poden ver contidos extras accedendo cun código que trae impreso o libro.
Notas
editar- ↑ CulturaGalega (ed.). "Vento e chuvia de Edicións Xerais". Consultado o 23 de xullo de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do autor
- Ficha do libro en xerais.com Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine.