A vela de relinga é un tipo de vela para embarcacións xeralmente de pequeno porte, caracterizada por ter un pano asimétrico de forma trapezoidal, e levar envergue só na beira superior. Esta tipoloxía é de tipo latino pola asimetría, e toma o nome da relinga, que é a beira do pano que se mantén teso, xeralmente reforzado con corda ou cadea.

Dorna a navegar con vento de largo por babor

Características editar

A diferenza da tipoloxía da vela de coitelo, onde a relinga vai encaixada na guía do pau para afirmar a vela, a vela de relinga é afirmada por tensión. Vai envergada pola parte superior nunha verga mediante unha serie de envergues aliñados, izándose no mastro ou pau por medio das drizas. Vai amurada a proa no puño de relinga, quedando tesa a relinga (o bordo do pano entre o puño de relinga e a verga). O vértice que queda libre, o puño de escota, é o que controla a orientación da vela respecto á dirección do vento mediante a escota, que é manexada pola tripulación.

Trátase dunha vela moi sinxela de controlar, o que permite que se manexe por moi pouca tripulación, adecuándoa a embarcacións pequenas, permitindo ó mesmo tempo a seguridade de poder arriala con presteza en caso de perigo.

Exemplos editar

Exemplos de barcos que levan vela de religa son: