Velódromo de Ciudad Lineal

O Velódromo de Ciudad Lineal foi un estadio situado en Madrid, España no que o Real Madrid disputou os seus partidos como local de 1923 a 1924. A principal novidade foi que a súa superficie era de céspede, sendo así o primeiro campo de fútbol en España en ter esa cualidade.[1] O campo de fútbol atopábase no centro do recinto, ó tratarse dun estadio cuxa función principal non era a de albergar partidos de fútbol.

Velódromo de Ciudad Lineal
Datos
Coordenadas40°27′00″N 3°39′12″O / 40.4501, -3.6532Coordenadas: 40°27′00″N 3°39′12″O / 40.4501, -3.6532
LocalizaciónMadrid, España España
Construción
Inauguración1923
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade8 000
Propietariosen etiquetar
LocalíaReal Madrid Club de Fútbol
Agrupación Deportiva Plus Ultra
editar datos en Wikidata ]

Como anteriormente, o traslado produciuse para buscar unha maior afluencia de público, e pasouse así dos 5 000 espectadores do antigo campo de O'Donnell ós 8 000 do velódromo.

En 1924, o club trasládase novamente ó seu primeiro grande estadio, o Estadio de Chamartín, tras adquirir uns terreos e levantar neles o que sería o primeiro estadio de fútbol construído exclusivamente para tal efecto.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar