Vas
Vas (alemán: Eisenburg, esloveno Železna županija) é o nome do condado administrativo (megye) da Hungría actual , e tamén do antigo reino Húngaro.
O condado de Vas está situado no oeste de Hungría. Fai fronteira con Austria e Eslovenia e cos condados húngaros de Győr-Moson-Sopron, Veszprém e Zala. A capital de Vas é Szombathely. O condado ten unha área de 3.336 km² e unha poboación de 268.653 habitantes.
Estrutura rexionalEditar
Cidade con dereito de condadoEditar
Vilas principaisEditar
(ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)
- Sárvár (15 651)
- Körmend (12 616)
- Kőszeg (11 731)
- Celldömölk (11 650)
- Szentgotthárd (9090)
- Vasvár (4705)
- Csepreg (3640)
- Répcelak (2697)
- Őriszentpéter (1293)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vas |