Abrir o menú principal

Variedade diafásica

(Redirixido desde "Variedades diafásicas")

Chámanse variedades diafásicas as diferentes formas de falar que ten unha mesma persoa en función do contexto da comunicación.

ConceptoEditar

Catro factores básicos

  • o tema (xeral ou especializado),
  • a canle (oral ou escrita),
  • a intención (informar, divertir, convencer etc.)
  • e o nivel de formalidade (grao de relación entre o emisor e o receptor).

provocan que nas situacións comunicativas se distingan dúas variedades básicas (aínda que pode haber mais) de carácter diafásico: o rexistro formal e o rexistro informal, ou, dito doutro xeito, o código elaborado e o código restrinxido.

A variedade ou rexistro formal utilizase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características:

  • Presenta un código elaborado (como sucede no nivel culto).
  • Sintaxe variada e organizada.
  • riqueza e precisión léxica.
  • Adecuación á norma estándar.
  • O tema adoita ser especializado.
  • A intención da comunicación impersoal e obxectiva.
  • O nivel de formalidade alto ou neutro.
  • Procúrase unha lingua expresiva, aínda que non resulte económico.

É de uso minoritario. É o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas,...

A variedade ou rexistro informal representa aqueles actos de fala espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características lingüísticas deste rexistro podemos sinalar as seguintes:

  • grande riqueza de entoacións, uso de exclamacións e interrogacións retóricas.
  • emprego de elipses e presuposicións, pois o emisor e o receptor dan por suposto parte da mensaxe á que se refiren implicitamente.
  • abundancia de pronomes persoais tónicos.
  • a sintaxe é desordenada: anacolutos, reiteracións, rupturas na mensaxe etc.
  • o seu léxico é restrinxido, abundan as frases feitas e tics ou comodíns: non sei, eee, cousa, chisme, tío, etc.
  • uso de castelanismos e de dialectalismos.
  • predominan as funcións da linguaxe expresiva e apelativa.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar