Vardo Rumessen

Vardo Rumessen, nado en Pärnu o 8 de agosto de 1942 e finado o 25 de agosto de 2015, foi un pianista, musicólogo e político estoniano, sobre todo recoñecido polo seu traballo coa música de Eduard Tubin[1]

Vardo Rumessen
Nacemento8 de agosto de 1942
 Pärnu
Falecemento25 de agosto de 2015
SoterradoMetsakalmistu
NacionalidadeUnión Soviética e Estonia
Alma máterEstonian Academy of Music and Theatre
Ocupaciónpianista e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Rumessen naceu nunha familia de músicos, seu pai Voldemar Rumessen era director de orquestra e profesor de música, e súa nai, Velda Rumessen era cantante de ópera. Estudou piano no Conservatorio de Tallin e a partir de 1969 comezou a dar clases alí. En 1973 traballou como editor musical da Eesti Radio. Intérprete de clásicos como Johann Sebastian Bach, Frederic Chopin ou Sergei Rachmaninov, tamén redescubriu numerosos compositores estonianos, como editor das súas composicións e como intérprete, publicando máis de 120 cadernos e libros de partituras[2]. Gravou 20 vinilos e 25 CD con interpretacións de Bach, Chopin, Rachmaninov, Eduard Tubin, Alexander Scriabin ou Mart Saar entre outros moitos compositores.

Firme partidario da independencia estoniana, membro da organización Comités de Cidadáns Estonianos (1989-1990) que buscaba restaurar a legalidade da República de Estonia na entón república soviética, ao tempo que militaba no Partido da Independencia Nacional Estoniana, foi delegado no Congreso de Estonia de 1990, unha iniciativa cidadá para restaurar un parlamento estoniano libre e membro do seu órgano permanente, o Comité Estoniano (1990-1992). En 1995 entrou no partido Unión a prol da Patria. Foi deputado no Riigikogu entre 1992 e 1995 e novamente en 1999-2003.

NotasEditar

Ligazóns externasEditar