Vanessa Sotelo Quintela

deportista galega

Vanessa Sotelo Quintela, nada en Ourense o 21 de agosto de 1995, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de pivote e o seu equipo actual é o AD Alcorcón FSF da Primeira división de fútbol sala feminino de España. Estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014 e 2015, finalizando en sétima e terceira posición respectivamente.[1] Foi máxima goleadora da liga española no ano 2018.[2]

Infotaula de personaVanessa Sotelo Quintela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1995 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de fútbol sala Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol sala Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Selección feminina de fútbol sala de España
2011-2013 Ourense Envialia 49(38)
2013-2016 Q25403711 Traducir 86(98)
2016- Q43229174 Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antes de xogar a fútbol sala estivo na sección de fútbol 8 alevín do Ponte Ourense e fútbol once infantil do mesmo club. Comezou a xogar fútbol sala no Cidade de As Burgas, na tempada 2011-12 fichou polo Ponte Ourense[3] onde permaneceu dúas tempadas, para retornar no ano 2013-14 ao Cidade As Burgas.[4] Na tempada 2016-17 decidiu fichar polo AD Alcorcón FSF.[5]

Selección española editar

Debutou coa selección española o 4 de novembro de 2014 nun partido amigable contra Hungría.[6] Foi dúas veces bota de ouro nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala.[7] No ano 2019 participou na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da historia e foi a gran protagonista do torneo, do que se proclamou campioa. Foi a autora do primeiro gol, a máxima goleadora con 10 tantos (un deles na final ante Portugal) e foi elixida mellor xogadora do torneo.

Estatísticas editar

Clubs editar

Actualizado ao último partido xogado o 1 de novembro de 2019. 

Club Div. Tempada Liga Copas
nacionais(1)
Torneos
internacionais(2)
Total(3)
Partidos Goles     Partidos Goles     Partidos Goles     Partidos Goles    
Cidade de As Burgas FS
  Galicia
-
- - - - - - - - - - - - - -
Total club - - - - - - - - - - - - - - - -
Ponte Ourense
  Galicia
1.ª
2011-12 23 15 1 0 1 0 0 0 - - - - 24 15 1 0
2012-13 26 23 4 0 - - - - - - - - 26 23 4 0
Total club 49 38 5 0 1 0 0 0 - - - - 50 38 5 0
Cidade de As Burgas FS
  Galicia
1.ª
2013-14 27 29 5 0 - - - - - - - - 27 29 5 0
2014-15 30 31 5 0 1 0 0 0 - - - - 31 31 5 0
2015-16 29 38 9 0 - - - - - - - - 29 38 9 0
Total club 86 98 19 0 1 0 0 0 - - - - 87 98 19 0
AD Alcorcón FSF
  España
1.ª
2016-17 30 27 5 0 2 1 2 0 - - - - 32 28 7 0
2017-18 30 36 4 0 1 2 1 0 - - - - 31 38 5 0
2018-19 27 37 7 1 2 3 1 0 - - - - 29 40 8 1
2019-20 7 9 3 0 - - - - - - - - 7 9 3 0
Total club 94 109 19 1 5 6 4 0 - - - - 99 115 23 1
Total traxectoria 229 245 43 1 7 6 4 0 - - - - 236 251 47 1
(1) Inclúe datos da Copa de España e da Supercopa de España.
(2) Inclúe datos do Campionato de Europa de Clubs e da Copa Intercontinental.
(3) Non inclúe datos de partidos amigábeis.

Palmarés e distincións editar

  • Eurocopa:
2019  
  • En 2020 foi recoñecida nos Annual Fulsal Awards como a cuarta na clasificación de mellores xogadoras.[8]

Notas editar

  1. "Una gallega en el trono brasileño" (en castelán). 21 de maio de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  2. "Vanessa Sotelo se hace con el "pichichi" en Primera División" (en castelán). 4 de xuño de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  3. "Vanessa Sotelo: 'Mi sueño es llegar algún día a jugar con la selección española'" (en castelán). 7 de novembro de 2011. Consultado o 17 de xaneiro de 2019. 
  4. "Presentación Vanessa Sotelo Quintela" (en castelán). 18 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  5. "Vane Sotelo deja el Cidade das Burgas" (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  6. "Conoce a fondo a nuestras 13 elegidas para el Preeuropeo" (en castelán). 11 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  7. "Vanessa Sotelo: “Ni en mis sueños pensaba tener dos Botas de Oro con 20 años" (en castelán). 9 de decembro de 2015. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  8. "O Pescados Rubén Burela vén de ser elixido como mellor club feminino do mundo". futgal.es. Consultado o 2021-01-27. 
  9. "Begoña Fernández y Vanesa Sotelo serán galardonadas en la IV Gala do Deporte Feminino". El Progreso de Lugo (en castelán). 2016-04-04. Consultado o 2021-02-20.