Valor de lei (filme de 1969)
Valor da lei (título orixinal en inglés True Grit ) é unha película estadounidense dirixida por Henry Hathaway e estreada en 1969. A película estaba baseada no guión adaptado da novela homónima de Charles Portis, publicada en 1968.
Valor de lei | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | True Grit |
Director | Henry Hathaway |
Produtor | Hal B. Wallis |
Guión | Marguerite Roberts |
Baseado en | Novela de Charles Portis |
Música | Elmer Bernstein |
Fotografía | Lucien Ballard |
Montaxe | Warren Low |
Estudio | Paramount Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 128 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | western |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarUn antigo alguacil axuda unha moza a buscar os asasinos do seu pai. Ela, Mattie Ross, é unha moza altiva e de natureza resolta que presenta un aspecto indomábel, traballaba como contadora no rancho de seu pai. É por iso que, cando o seu pai marcha a Fort Smith para mercar cabalos e foi roubado e brutalmente asasinado polo seu capataz, Tom Chaney, a rapaza xura vingarse.
Tras enganar o coronel G. Stonehill, para pór en orde as finanzas do seu pai, Mattie contratou un antigo comisario, agora xubilado, Rooster Cogburn, un home torto e borrachón para axudala a atrapar a Chaney. Outro axente da lei, un Ranger de Texas chamado "La Boeuf", únese a eles na procura do criminal, pois tamén o quere capturar para cobrar unha recompensa por outro asasinato. Os dous homes senten unha aversión mutua entre eles, e comezan a cruzar insultos e discrepan sobre a estratexia a seguir pero Mattie conseguiu facer que colaborasen.
Personaxes
editar- John Wayne: Rooster Cogburn
- Kim Darby: Mattie Ross
- Glen Campbell: M. Leboeuf, Ranger de Texas
- Jeremy Slate: Emmett Quincy
- Robert Duvall: "Lucky" Ned Pepper
- Dennis Hopper: Moon Garrett
- Jeff Corey: Tom Chaney
- John Doucette: o sheriff ao que Mattie se dirixe cando chega a Fort Smith
- Hank Worden: o empresario funerario
- James Westerfield: o xuíz Parker
- John Fiedler: mestre Daggett
Premios e nomeamentos
editarPremios
editar- 1970: Óscar ao mellor actor por John Wayne
- 1970: Globo de Ouro ó mellor actor-Drama para John Wayne
Nomeamentos
editar- 1970: Oscar á mellor canción orixinal de Elmer Bernstein (música) e Don Black (letra) "True Grit"
- 1970: Globo de Ouro para a mellor promesa masculina de Glen Campbell
- 1970: Globo de Ouro para a mellor canción orixinal de Elmer Bernstein (música) e Don Black (letra) "True Grit"
- 1970: BAFTA á mellor promesa de Kim Darby
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |