Valentín de Nóvoa
xornalista español
Valentín de Nóvoa, nado en Ourense en 1823 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1895[1] foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Valentín de Nóvoa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1823 |
Ourense | |
Falecemento | 29 de outubro de 1895 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escritor católico e carlista. Foi desterrado de Ourense durante a guerra carlista. Colaborou en La Regeneración e El Pensamiento Español onde adquiriu fama de polemista. Tamén colaborou en La Esperanza, El Correo Español, La Fe e Revista de Galicia. Fundou e dirixiu La Voz del País (1869) e La Lealtad (1892-1895). Publicou o folleto El Divorcio (1884). En galego escribiu "Resposta oa "Rechamo", provocada polo poema de Pintos.
Vida persoalEditar
Casou con Amalia Requejo.
NotasEditar
- ↑ El Correo de España, 8-12-1895, p. 19.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 461. ISBN 84-7154-390-7.