Río Toxa

río da provincia de Pontevedra, afluente do Deza
(Redirección desde «Val do Toxa»)

O río Toxa é un afluente do río Deza. Transcorre de sur a norte. Nace na fronteira dos concellos de Forcarei e Silleda (Pontevedra) e descorre pola parroquia silledense de Graba entre outras moitas.

Río Toxa
Fervenzas do río Toxa
PaísGalicia Galicia
España España
NacementoForcarei
Lonxitude17 km
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Deza

Curso editar

Durante os primeiros quilómetros o río discorre encaixado entre altos montes que superan en moitas veces os 700 msnm polo leste e os 600 msnm, na parte occidental, para axiña baixar ás terras chás das parroquias Fiestras, Rellas ou Chapa entre outros lugares. Por estas terras o río discorre manso para logo salvar o desnivel das fervenza do Toxa en Pazos, de gran beleza e valor paisaxístico, e morrer metros abaixo no leito do río Deza. Neste río é posible a pesca deportiva sobre todo de troitas. O río dá lugar a un val denominado val do Toxa.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar