Vadim Demidov

futbolista noruegués

Vadim Sergeievich Demidov (En ruso: Вади́м Сергеевич Деми́дов, en letón: Vadims Demidovs), nado en Riga o 10 de outubro de 1986, é un futbolista letón nacionalizado noruegués que xoga na demarcación de defensa.

Demidov
Información persoal
Nome Vadim Sergeievich Demidov
Nacemento 10 de outubro de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Riga
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Carreira xuvenil
IL Runar
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 Sandefjord BK 1 (0)
2005Fram Larvik (cedido)
2006Manglerud Star (cedido) 30 (2)
2007 Hønefoss BK 27 (0)
2008–2010 Rosenborg BK 79 (4)
2010–2012 Real Sociedad 36 (0)
2012–2013 Eintracht Frankfurt 5 (0)
2013Celta de Vigo (cedido) 12 (0)
2013- FC Anzhi Makhachkala
Selección nacional
2008– Noruega 16 (0)
Na rede
IMDB: nm8528113 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16 de febreiro de 2013.
Selección: actualizado a 13 de novembro de 2012.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Letonia cando esta aínda formaba parte da Unión Soviética, forma parte da minoría rusa do país. O seu pai Segei Demidov fora internacional coa Selección soviética de Balonman. Tras o desplome da Unión Soviética emigra coa familia a Noruega ao ser contratado seu pai como adestrador de balonmán.

Comezou a xogar no Sandefjord BK da Adeccoligaen, onde sufriu unha importante lesión. Tras recuperarse marchou cedido ao Manglerud Star, onde chamou a atención do Hønefoss BK, tamén da Segunda División de Noruega.

A súa boa tempada no Hønefoss fixo que se fixaran nel os principais equipos de Noruega, fichando finalmente polo Rosenborg BK na tempada 2008/10

En xaneiro de 2011 queda libre no equipo noruegués e ficha pola Real Sociedad. Debuta en Primeira División o 29 de xaneiro de 2011. Pese a ser titular a maior parte da tempada, a consolidación doutros defensas fano perder a titularidade[1], polo que é traspasado ao Eintracht Frankfurt, recentemente ascendido á Primeira División Alemá[2].

No mercado de inverno da tempada 2012/13 é cedido ao Celta de Vigo[3]

Notas editar