VI Asemblea Agraria de Galicia
asemblea do agrarismo galego
A VI Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Redondela do 24 ao 26 de outubro de 1915.
VI Asemblea Agraria de Galicia | |
---|---|
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarAínda que prevista para o ano anterior, adiouse pola represión desatada contra Acción Gallega. A presidencia desempeñouna Juan Rof Codina. Contou coa adhesión do presidente do goberno Eduardo Dato, do ministro de Fomento (Luís Espada Guntín) e de moitos deputados. Acordouse celebrar a seguinte Asemblea en Santiago de Compostela e nomear a Rof Codina presidente da comisión organizadora e encargar o cuestionario da reunión a Bartolomé Calderón.