Na mitoloxía nórdica, Vör (antigo nórdico, posiblemente "a coidadosa"[1] ou "a consciente"[2]) é unha deusa asociada coa sabedoría. Vör aparece na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson e tamén na poesía skáldica.

Fontes editar

No capítulo 35 do libro Edda prosaica, Gylfaginning, High da unha breve descrición das 16 ásynjur. High nomea a Vör no décimo lugar, e dela di que é "sabia e indagadora, de xeito que nada se lle pode agochar a ela." High engade que existe un dito que "unha muller se fai consciente ( vor) de algo cando o atopa."[3] No capítulo 75, Skáldskaparmál, Vör aparece nunha lista de 27 ásynjur.[4]

Notas editar

  1. Simek (2007:368).
  2. Orchard (1997:181).
  3. Faulkes (1995:30).
  4. Faulkes (1995:157).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar