Víctor Pío Brugada

avogado, profesor e político español

Víctor Pío Brugada Panizo, nado en Barcelona o 24 de xuño de 1865 e finado en Ávila o 18 de decembro de 1937, foi un avogado, profesor e político español.

Infotaula de personaVíctor Pío Brugada
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1865 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Ávila, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , catedrático , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de Barcelona, onde se licenciou en Dereito Civil e Canónico en xuño de 1884. En 1888 doutorouse en Dereito Civil e Canónico na Universidade Central de Madrid. Foi catedrático de Dereito Mercantil na Escola de Comercio de Madrid dende 1894 e director da Escola dende 1905. Foi nomeado catedrático de Economía Política da Universidade de Valencia en decembro de 1895, pero renunciou. Foi elixido deputado polo distrito de Lucena (Córdoba) en 1898. Logo da dimisión de Antonio Aguilar Correa o 30 de outubro de 1901 foi elixido deputado polo distrito da Estrada nas eleccións parciais celebradas o 29 de decembro de 1901. En 1915 tomou posesión da Cátedra de Política Económica Escola de Comercio de Madrid que ocupou ata a súa xubilación. Na Escola de Comercio creou o Laboratorio de Ciencias Económicas e estimulou a publicación dun Boletín anual a partir de 1927. Xubilouse en 1935 e foi nomeado Director honorario da Escola.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar