Víctor Gulías Vicioso

xornalista español

Víctor Gulías Vicioso, nado en San Juan de la Maguana en 1962 e finado en Santo Domingo o 28 de marzo de 2007, foi un xornalista dominicano e galego.

Infotaula de personaVíctor Gulías Vicioso
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 2007 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Para o profesor e investigador véxase Víctor Gulías.

Traxectoria

editar

Fillo do emigrante galego Víctor Gulías Ferreiro, criouse na localidade de Azua. Notable xornalista dominicano, era columnista do xornal Hoy. Director de prensa no consulado dominicano en Porto Rico e posteriormente director de comunicación na mesma oficina, foi xefe de prensa da asociación supramunicipal Liga Municipal Dominicana. En 2007 asumiu o cargo de ser xefe de prensa da candidatura do político Amable Aristy á presidencia da República Dominicana, que finalmente foi derrotado en 2008 por Leonel Fernández.

Faleceu asasinado logo de recibir 32 coiteladas. Entre as causas do crime baralláronse motivos sentimentais e de roubo.[1]

  1. "Matan al periodista Víctor Gulías". Hoy Digital (en castelán). 2007-03-30. Consultado o 2020-04-22.