Víctor Claver
Víctor Claver Arocas, nado en Valencia o 30 de agosto de 1988, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no Valencia Basket da Liga ACB.
![]() | |
Valencia Basket – No. 1 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1988 (35 anos)![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 102 kg (224 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 22 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | 2006−presente |
Historial de equipos | |
Valencia BC (2006−2012) Portland Trail Blazers (2012−2015) → Idaho Stampede (2012) Khimki (2015) Lokomotiv Kuban (2015−2016) Barcelona (2016−2021) Valencia BC (2021−presente) |
Traxectoria Editar
Europa Editar
Claver comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Maristas e do Valencia BC. Fixo o seu debut coma profesional no Valencia na tempada 2006-07. Gañou a Eurocup na tempada 2009-10. Ó ano seguinte fixo o seu debut na Euroliga, acadando 10.9 puntos, 4.9 rebotes en 14 partidos.
NBA Editar
Claver foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. O 12 de xullo de 2012, asinou un contrato por tres anos cos Trail Blazers.[1]
O 19 de febreiro de 2015, Claver foi traspasado xunto a Will Barton, Thomas Robinson e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2016 ós Denver Nuggets, a cambio de Arron Afflalo e Alonzo Gee.[2] Tres días máis tarde, foi cortado polos Nuggets sen chegar a debutar.[3]
Regreso a Europa Editar
O 1 de marzo de 2015, Claver fichou polo BC Khimki ruso para o resto da tempada.[4]
Notas Editar
- ↑ "Trail Blazers Sign Spanish International Victor Claver". iamatrailblazersfan.com. 2012-07-12. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 2012-07-15.
- ↑ Nuggets Acquire Barton, Claver, Robinson and Protected First Round Pick From Portland
- ↑ "Nuggets Waive Claver and Robinson". NBA.com. 22 de febreiro de 2015. Consultado o 22 de febreiro de 2015.
- ↑ "BC Khimki signed with Victor Claver". bckhimki.ru. 1 de marzo de 2015. Consultado o 1 de marzo de 2015.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 05 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)