Víctor Casas Julián

pintor galego

Víctor Casas Julián, nado en Pontevedra en 1936, é un pintor galego. A súa actividade artística desenvólvese en Madrid, aínda que sempre estivo moi vinculado coa súa Galiza natal.

Infotaula de personaVíctor Casas Julián
Biografía
Nacemento1936 Editar o valor em Wikidata (87/88 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Estudou en Fomento das Artes, na Escola de San Fernando e no Círculo de Belas Artes. Traballou cos pintores Amadeo Roca e Eduardo Peña, realizando traballos de gravado e serigrafía no taller Tres en Raya.

Viaxou por Europa e Estados Unidos. A súa obra obtivo a medalla de ouro no IV Concurso de pintura de Ponferrada, León en 1971 e a medalla de bronce en VI Bienal Internacional de Pontevedra, en 1981.

A pintura de Casas Julián conserva unha vaga figuración sempre idealizada a base dunha mancha, de intención intimista e lírica. Destacan as súas paisaxes e bodegóns así como as súas acuarelas. A súa obra figura en distintos museos de Galiza e en importantes coleccións particulares.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981.
  • Pablos, Francisco: Colección Adriano Marqués de Magallanes. Vigo, Concello, 1992.
  • Chávarri, Raúl: La pintura española actual. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1981.
  • Diccionario de artistas españoles. Madrid, Dir. Gral. de Bellas Artes.
  • Diccionario de pintores españoles contemporáneos, dirixido por J. I. de Blas. Madrid, Estiarte Edic., 1972.
  • 20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Deputación Provincial, 1989.

Ligazóns externas editar