Usuario:Xabier Cid/Imaxes válidas

Os contidos desta páxina non son correctos. Mentres non se testeen un por un, non se poden considerar válidos. Ademais, hai moitas partes aínda pendentes


Queres subir unha imaxe? editar

  1. A imaxe fixéchela ti? Se a resposta é si, pasa ao punto 19. Se non a fixeches ti pasa ao punto 2.
  2. A foto é de Flickr? Se a resposta é si, pasa ao punto 3. Se a resposta é non, pasa ao punto 6.
  3. Que tipo de licenza ten en Flickr? Se permite a explotación económica e a creación de obra derivada (ou sexa, non ten nin o símbolo = nin o símbolo $), pasa ao punto 4. Se ten eses símbolos, ou estoutro ©, pasa ao punto 5.
  4. Podes cargar a imaxe. Lembra de pegar na páxina da imaxe o marcador {{FlickrPendente}}, e de incluír todos os datos que poidas sobre a imaxe.
  5. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia.
  6. A foto é dun banco de imaxes en dominio público? Se a resposta é si {enumerar os principais bancs públicos}, pasa ao punto 7. Se a resposta é non, pasa ao punto 8.
  7. Podes cargar a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe a maior cantidade de información posible.
  8. Sabes quen é o fotógrafo?. Se a resposta é non, pasa ao punto 9. Se a resposta é si, pasa ao punto 10.
  9. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia.
  10. Ese fotógrafo é un familiar ou coñecido teu? Se a resposta é si, pasa ao punto 11. Se a resposta é non, pasa ao punto 16.
  11. O autor da foto está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 12. Se a resposta é non, pasa ao punto 13.
  12. Para poder cargar esa foto, necesitas que esa persoa che asine un permiso onde se indica que cede libera esa fotografía coa licenza que esa persoa escolla, sempre que non restrinxa o uso de obras derivadas e o aproveitamento económico. Lembra de consignar todos estes datos na páxina da imaxe.
  13. Es ti o seu único herdeiro/a? Se a resposta é si, pasa ao punto 14. Se a resposta é non, pasa ao punto 15.
  14. Podes cargar a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe a maior cantidade de información posible sobre a licenza coa que decides liberar a imaxe, sempre que non restrinxa o uso de obras derivadas e o aproveitamento económico.
  15. Para poder cargar esa foto, necesitas que o lexítimo herdeiro ou o conxunto dos herdeiros che asinen un permiso onde se indica que cede libera esa fotografía coa licenza que esa persoa escolla, sempre que non restrinxa o uso de obras derivadas e o aproveitamento económico. Lembra de consignar todos estes datos na páxina da imaxe.
  16. O fotógrafo está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 17. Se a resposta é non, pasa ao punto 18.
  17. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia a non ser que poidas acreditar fehacientemente que o autor desa fotografía a liberou cunha licenza que permite o uso de obras derivadas e o aproveitamento económico.
  18. O fotógrafo morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 19. Se a resposta é non, pasa ao punto 17.
  19. A imaxe é unha fotografía?. Se a resposta é si, pasa ao punto 20. Se a resposta é non, porque é un debuxo, un fotograma ou un escaneado dun documento, pasa ao punto 30.
  20. A foto está feita ao aire libre? Se a resposta é non, pasa ao punto 27. Se a resposta é si, pasa ao punto 21.
  21. A foto puido facerse ao cuberto? Se a resposta é si, pasa ao punto 27. Se a resposta é que non, porque se trata dunha paisaxe, dun edificio ou dunha escultura na vía pública, pasa ao punto 22.
  22. A foto é dunha escultura, dun edificio, ou doutro elemento que poida considerarse obra de arte? Se a resposta é si, pasa ao punto 23. Se a resposta é non, porque é unha paisaxe, pasa ao punto 7.
  23. A foto está feita en Francia ou nalgún destes países {{}}? Se a resposta é si, pasa ao punto 24. Se a resposta é non, pasa ao punto 7. Se non o sabes, pasa tamén ao punto 24.
  24. O autor desa escultura ou dese edificio está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 25. Se a resposta é non, pasa ao punto 26.
  25. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia.
  26. O autor desa escultura ou dese edificio morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 7. Se a resposta é non, pasa ao punto 25.
  27. Na foto ocupa unha posición central un cadro, un debuxo, a portada dun libro ou outro obxecto que fose deseñado por un autor? Se a resposta é si, pasa ao punto 28. Se a resposta é non, pasa ao punto 30.
  28. O autor dese cadro, desa portada do libro ou dese deseño orixinal está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 25. Se a resposta é non, pasa ao punto 29. Se non sabes quen é o autor ou non sabes se vive ou morreu, pasa ao punto 25.
  29. O autor dese cadro, desa portada do libro ou dese deseño orixinal morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 7. Se a resposta é non, pasa ao punto 25.
  30. A imaxe é un debuxo do que ti es autor? Se a resposta é si, pasa ao punto 31. Se a resposta é non, porque é un fotograma ou o escaneado dun documento, pasa ao punto 35.
  31. O debuxo representa ou copia algún personaxe de debuxos animados, cómic, ou cadro que teña autor?" Se a resposta é si, pasa ao punto 32. Se a resposta é non, pasa ao punto 14.
  32. O autor dese cadro, dese personaxe de debuxos animados, ou dese cómic está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 25. Se a resposta é non, pasa ao punto 33. Se non sabes quen é o autor ou non sabes se vive ou morreu, pasa ao punto 25.
  33. O autor dese cadro, dese personaxe de debuxos animados, ou dese cómic morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 34. Se a resposta é non, pasa ao punto 25.
  34. Podes cargar a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe a maior cantidade de información posible. Con todo, valora a posibilidade de cargar directamente o orixinal, e non a copia elaborada por ti, dado que o orixinal está libre de dereitos.
  35. A imaxe é o escaneado dun documento? Se a resposta é si, pasa ao punto 36. Se a resposta é non, porque é un fotograma dun filme, pasa ao punto X.
  36. O escaneado procede dun libro ou dunha revista? Se a resposta é si, pasa ao punto 37. Se a resposta é non, pasa ao punto 51.
  37. O material escaneado ou fotografado é unha ilustración? Se a resposta é si, pasa ao punto 38. Se a resposta é non, pasa ao punto 50.
  38. Esa ilustración ten autor coñecido? Se a resposta é si, pasa ao punto 39. Se a resposta é non, pasa ao punto 42.
  39. O autor desa ilustración está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 43. Se a resposta é non, pasa ao punto 40.
  40. O autor dese ilustración morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 7. Se a resposta é non, pasa ao punto 43.
  41. A data de edición ou última reimpresión dese libro ou revista é do 31 de decembro de 1938 ou anterior?. Se a resposta é si, pasa ao punto 7. Se a resposta é non, pasa ao punto 43.
  42. A edición dese libro ou revista foi feita en España ou nalgún destoutros países {{}}? Se a resposta é si, pasa ao punto 44. Se a resposta é non, pasa ao punto 45.
  43. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia. O que si quizais poidas facer é subila a Commons, porque alí non opera esta restrición. Para iso, pasa ao punto 45.
  44. A ilustración é unha reprodución bidimensional e fiel dunha obra de arte (en todo ou parte)? Se a resposta é si, pasa ao punto 46. Se a resposta é non, porque é un diagrama ou unha creación específica para esa publicación ou unha interpretación a partir dunha obra de arte, pasa ao punto 49.
  45. O autor do cadro ou da escultura reproducida está vivo? Se a resposta é si, pasa ao punto 25. Se a resposta é non, pasa ao punto 47. Se non sabes se vive ou morreu, pasa ao punto 25.
  46. O autor dese cadro, desa portada do libro ou dese deseño orixinal morreu o 31 de decembro de 1938 ou antes?. Se a resposta é si, pasa ao punto 48. Se a resposta é non, pasa ao punto 25.
  47. Podes cargar a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe o código {{PD-Art}}, e de achegar canta información sexa posible sobre contidos e autorías.
  48. É unha mágoa, pero esa imaxe non se pode cargar na Galipedia a non ser que poidas acreditar fehacientemente que o autor desa ilustración a liberou cunha licenza que permite o uso de obras derivadas e o aproveitamento económico.
  49. Se o escaneado é un anaco de texto non significativo ou que non permite a lectura, podes subir a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe a maior cantidade de información posible.
  50. O escaneado é de billetes? Se a resposta é si, pasa ao punto 52. Se a resposta é non, pasa ao punto 57.
  51. O escaneado é de billetes de euros? Se a resposta é si, pasa ao punto 53. Se a resposta é non, pasa ao punto 54.
  52. Podes cargar a imaxe sempre que a palabra SPECIMEN aparezca, en diagonal sobre a reproducción, cunha lonxitude de cando menos o 75% da lonxitude da reproducción, e a altura sexa cando menos o 15% do largo da reproducción; e ademais, sempre que a reprodución electrónica no seu tamaño orixinal non exceda os 72 puntos por polgada.
  53. O escaneado é de billetes en circulación?' Se a resposta é si, pasa ao punto 55. Se a resposta é non, pasa ao punto 56.
  54. ----> axuda sobre moedas doutros países.
  55. Podes cargar a imaxe. Lembra de incorporar na páxina da imaxe a maior cantidade de información posible, en especial, a data de circulación do billete.