Usuario:Xabier Cid/Decálogo

editar

  1. En equipo, pero á vista de todos. Os administradores debemos actuar coordinadamente. As decisións de un son boas, pero as de catro son moito mellores. Ás veces iso obrigaranos a comunicarnos por fóra da wiki, pero todo o que fagamos debe facerse coa máxima das transparencias, e que a comunidade debe coñecer as nosas opinións e actuacións de forma individual.
  2. O obxectivo, reducir o dano. E ás veces o dano non é unicamente o que fai un usuario conflitivo, senón o que lle fago á comunidade empeorando a imaxe dos administradores con actuacións equivocadas ou crispadas. Pensa globalmente, actúa localmente.
  3. Pénsao outra vez. Seguro que ese usuario fixo algo reprobable? Pénsao outra vez.
  4. O tesouro máis valioso é a inocencia. Variante do anterior: ao castigar a un inocente destrúese todo o que se conseguiu castigando 100 culpables.
  5. A última saída. Un bloqueo é algo dramático. Se chego a el ten que ser espois de esgotar todas as outras vías.
  6. Avisa primeiro. Agás en situacións de urxencia (destrución de contidos), non debo bloquear a ninguén por primeira vez sen dar un aviso claro de bloqueo, e sen explicitar nese aviso qué hai que facer pra evitar o bloqueo.
  7. Nada é pra sempre. E os bloqueos tampouco. Todos temos dereito a mudar a nosa opinión e a nosa forma de actuar. A wikipedia é demasiado importante pra bloquear alguén a perpetuidade.
  8. Teño bo lombo pra levalas. Vaime no cargo que podo ser insultado e debo ser moito máis tolerante cos demais do que os demais o son comigo. Iso non significa que se deban consentir os insultos e os ataques persoais, pero si debo ser moito máis tolerante cando eses insultos se me fan a min do que a un usuario común.
  9. A muller do césar. Nunca actuarei, agás destrucións de contido, en procesos nos que eu estea implicado.
  10. O meu decálogo é meu. E só meu. Non debo tentar impoñerllo a ninguén. Unicamente ten qu ser a miña forma de actuar como administrador.