Usuario:MAGHOI/Christo e Jeanne-Claude

Christo Vladimirov Javacheff (1935?2020) e Jeanne-Claude Denat de Guillebon (1935?2009), coñecidos como Christo e Jeanne-Claude, foron artistas coñecidos polas súas instalacións ambientais a gran escala e específicas para un lugar determinado, a miúdo lugares significativos e elementos paisaxísticos envoltos en tea, incluíndo o Reichstag en Berlín, a Pont-Neuf en París, Running Fence en California e The Gates no Central Park de Nova York.

Nados en Bulgaria e Marrocos, respectivamente, a parella coñeceuse en París en 1958 e casaron en 1959. Nun primeiro momento trballaron baixo o nome de Christo, mais logo acreditaron as súas instalacións como "Christo e Jeanne-Claude". Até a súa propia morte recente, Christo continuou a planificar e executar proxectos logo da morte de Jeanne-Claude en 2009.

O seu traballo foi tipicamente grande, visualmente impresionante e controvertido, a miúdo tomou anos e, ás veces, décadas de preparación coidadosa, incluídas solucións técnicas, negociación política, permisos e aprobación ambiental, audiencias e persuasión pública. A parella rexeitou subvencións, bolsas, doazóns ou cartos público e, en troques, financiou o seu traballo mediante a venda da súa propia obra de arte.

Christo e Jean Claude describiron a miríada de elementos que levaron a cabo os proxectos como parte integral da obra de arte en si mesma, e teñen afirmado que os seus proxectos non tiñan un significado máis que o seu impacto estético inmediato; o seu propósito é simplemente por alegría, beleza e novas formas de ver aquilo que nos resulta familiar.