Usuario:Elisardojm/Wikipedia:Categorización/Etnicidade, xénero, relixión e sexualidade

A categorización por etnia, xénero, relixión, sexualidade, ou discapacidade pode ser obxecto de controversia. Os artigos son ás veces clasificados por:

Estas discusións de cando en vez pásanse a categorías en discusión, tenden a ser polémicas, e variar extremadamente no seu resultado. As categorías cruzadas son usadas normalmente para subdividir categorías máis grandes (p. ex. deportistas LGBT úsase para reducir o tamaño de persoas LGBT).

Esta recomendación só se aplica ó espazo de nomes principal (artigos, incluíndo listas, páxinas de homónimos, caixas de navegación, e os modelos utilizados nos artigos). Non restrinxe as categorías que se usan para os wikiproxectos, p. ex., os artigos apoiados por Wikipedia:WikiProxecto estudos sobre LGBT, ou noutras páxinas de proxecto.

Xeral editar

A categorización xeral por etnia, xénero, relixión, sexualidade, ou discapacidade está permitida, coas consideracións seguintes:

  1. Non cree categorías que sexan o cruzamento dun tema cunha etnia, xénero, relixión, ou orientación sexual, a non ser que estas características sexan relevantes para o tema.
    Por exemplo, a maioría dos deportistas non deberían ser categorizados por relixión, xa que ser católico, budista, ou doutra relixión non é relevante para o xeito no que practican o deporte.
  2. A terminoloxía ten que ser neutral.
    Os termos despectivos non poden ser tolerados nun nome de categoría baixo ningunha circunstancia, e deben ser nomeados para borrado rápido. Teña en conta que a terminoloxía neutra non é necesariamente o termo máis común; un termo que unha persoa ou o seu grupo cultural non acepten para eles non é neutro aínda que sexa o termo máis utilizado entre o resto.
    Por exemplo, "vítimas do SIDA" non é un termo apropiado para persoas seropositivas. Cando haxa dúbida, póñase do lado do respecto.
  3. As subcategorías por país están permitidas, a pesar de que a terminoloxía ten que ser apropiada ó contexto cultural da persoa.
    Por exemplo, un canadense do aborixe nativo está categorizado en persoas canadenses descendentes de aborixes, non en persoas nativas americanas.
  4. Ao respecto da inclusión de persoas nunha categoría relacionada coa etnia, xénero, relixión, sexualidade, ou discapacidade, por favor lembre que a inclusión ten que basearse en fontes fiábeis.
    Por exemplo, aínda que teña coñecemento persoal da orientación sexual dunha personalidade, o artigo só debería ser engadido nunha categoría relacionada con LGBT despois de que se teñan engadido no artigo fontes verificabeis, publicadas e fiábeis que apoien a súa inclusión.
  5. En case tódolos casos, categorías baseadas no xénero/etnia/sexualidade/discapacidade/relixión deberían ser non-dispersas, é dicir que a pertenza á categoría non debería eliminar a pertenza á categoría pai non-xénero/non-étnico/etc. Teña en conta que o pai pode aínda subdividirse noutros criterios (vexa Categoría:políticos americanos para consultar un exemplo dunha categoría que foi amplamente dividida en subcategorías, pero na que non hai subcategorías non dispersas como Categoría:políticos afro-americanos-significando que a pertenza a Categoría:políticos afro-americanos non debería excluír a súa pertenza a outra subcategoría de políticos americanos).
  6. O principio de definición é de aplicación á categorización baseada en xénero/relixión/discapacidade/sexualidade/etnia respecto de calquera outro, p.ex.:
Unha idea principal usada na categorización dos artigos é a das características definitorias dun tema do artigo. Unha característica definitoria é aquela que fontes fiables definen o obxecto comunmente e consistentemente como ter unha nacionalidade ou unha profesión (no caso de persoas), tipo de localización ou rexión (no caso de lugares), etc. Por exemplo, aquí: "Caravaggio, un artista italiano do Barroco ...", italiano, artista, e Barroco poden ser consideradas todas como características definitorias do artigo Caravaggio.
Noutras palabras, evitar categorizar por características non definitorias é un primeiro paso para evitar problemas con categorías baseadas no xénero/relixión/discapacidade/sexualidade/etnia.

Por tipo editar

Xénero editar

Unha categoría específica para o xénero podería ser creada nos casos nos que o xénero ten unha relación específica co tema. Por exemplo, Categoría:Mulleres contén artigos como o Día Internacional da muller, estudos das mulleres, e subcategorías específicas das mulleres. De xeito semellante, Categoría:Homes contén artigos como pai, estudos dos homes, neno e sexualidade do home, así como subcategorías específicas do home. Ningunha categoría, con todo, debería conter directamente artigos de mulleres ou homes.

Como outro exemplo, unha categoría Categoría:Xefas de goberno é válida como tema de especial interese enciclopédico, aínda que non necesita ser equilibrado directamente contra unha categoría "xefes de goberno", xa que historicamente a gran maioría de dirixentes políticos foi home. Tanto os homes as mulleres xefes de goberno deberían seguir estando arquivadas na categoría neutra de xénero axeitada (p. ex. Presidentes, Monarcas, Primeiros Ministros, Gobernadores Xerais). Non cree categorías separadas para homes e mulleres ocupantes da ' mesma posición, como "Primeiros Ministros varóns do Reino Unido" vs. "Primeiros Ministros mulleres do Reino Unido".

Como a maioría das actividades deportivas organizadas máis notábeis están separadas por xénero, as categorías de deportistas constitúen un caso onde "o xénero ten unha relación específica co tema". Como tal, as categorías de deportistas deberían ser divididas por xénero, excepto nos casos onde os homes e as mulleres participan principalmente en competicións de xénero mixto. Exemplo: Categoría:Home golfistas e Categoría:Mulleres golfistas teñen que ser subcategorías de Categoría:Golfistas, pero Categoría:Bailaríns de xeo non tería que ter subcategorías por xénero. Categoría:Actores e Categoría:Actrices, e categoría:Modelos masculinos e categoría:Modelos femeninas tamén están divididas por xénero.