Actualmente todo o mundo sabe o que é a Wikipedia, a enciclopedia libre na que todo o mundo pode colaborar. Todo o mundo pode engadir contido, facer correccións, etc, e ten unha licenza libre.
Forma parte da Fundación Wikimedia que é a que da o soporte a todos estes proxectos. Eles encárganse de manter os servidores, as conexións, as bases de datos, etc. Por exemplo, encargáronse de crear o novo Editor Visual que permite editar as páxinas de forma moito máis sinxela e que xa está dispoñible na maioría dos proxectos. Agora con esta utilidade, o que se edita visualízase igual que artigo final.