Usuario:Elisardojm/Nota prensa 8 aniversario

O vindeiro 8 de marzo a Galipedia, a enciclopedia libre en galego, celebrará o seu oitavo aniversario. A Galipedia comezou 8 de marzo de 2003[1] e agora xa ten 206.044 artigos de tódolos eidos.

A Galipedia é unha das enciclopedias mantidas pola Fundación Wikimedia da que o máximo expoñente é a Wikipedia en inglés. Ó seu valor enciclopédico engádeselle o seu valor de mantemento do idioma galego, xa que este proxecto crea tódolos seus contidos dentro da normativa da Real Academia Galega. Outro punto a destacar é a súa licenza libre, coma tódolos proxectos da Fundación Wikimedia. Por outra banda, a calidade dos artigos desta enciclopedia está fora de calquera dúbida xa que na lista das enciclopedias de Wikimedia está na posición 33 de entre as máis de 250 que existen.

A Galipedia medra día a día grazas ó esforzo dos seus colaboradores, a un ritmo duns 1.000 artigos ó mes. Pero, coma o resto de proxectos da Fundación, o maior reto deste proxecto é conseguir novos colaboradores que fagan que os artigos existentes sexan cada día mellores, achegando nova información e puntos de vista.

Para celebrar este aniversario a Galipedia está organizando un novo reto o vindeiro día 12 de marzo. O reto consiste en crear máis de 500 artigos novos ese día. Os participantes poden, se o desexan, inscribirse nunha páxina especial e ós editores que fagan máis artigos váiselles agasallar o seu esforzo cunha camiseta da Wikipedia. Animamos a tódolos interesados a participar neste reto e a celebrar este aniversario coa nosa comunidade.

Notas editar


Un cordial saúdo