Usuario:Elisardojm/Ila Arun
Biografía |
---|
Ila Arun, nada en Jaipur o 28 de setembro de 1929, é unha actriz de televisión e cantante de folk/folk-pop india.[1] Ademais é nai da actriz e cantante Ishita Arun.
Traxectoria
editarIshe naceu e criouse na capital do estado de Jaipur e graduouse na universidade de Maharani en Jaipur, India.
En "Fame Gurukul" (programa de televisión transmitido por Sony Entertainment da India), era a directora da escola na que se preparaba aos concursantes do programa para cantar no Reality Show. Tamén participou no Junoon NDTV Imagine que era un reality show, que estaba cargo Kuchh Kar Dikhaane Ka, como xuíza para a avaliación de cantantes de xénero folk Maati ke laal. Arun interpretou cancións para numerosas películas en hindi e nun bo número de idiomas ao sur de India, como támil e telugu. A súa canción da película máis famosa até a data foi "Choli Ke Peeche" da película Khalnayak pola que gañou un premio. Ela tamén interpretou outra canción en Tamil Muthu Muthu Mazhai na composición de AR Rahman para a banda sonora da película Mr. Romeo. A súa canción máis recente que foi un éxito escrito e composto tamén por Rahman para a película Slumdog Millionaire, titúlase "Ringa Ringa".
Discografía
editar- Vote for Ghagra
- Main ho gayi Sawa Lakh ki
- Banjaran
- Choli Ke Peeche Vol 2
- Best of Ila
- Khichdi
- Haule Haule
- Nigodi Kaisi Jawani Hai
- Ila Arun Pop Hits
- Chhappan Chhuri
- Mare hiwda ma
Filmografía
editarComo Actriz
editar- 2010 - West Is West - Basheera Khan
- 2010 - Well Done Abba - Salma Ali
- 2008 - Jodhaa Akbar - Maham Anga
- 2008 - Welcome to Sajjanpur - Ramsakhi Pannawali
- 2006 - Chingaari - Padmavati
- 2005 - Bose - The Forgotten Hero - Ranu
- 1998 - China Gate - Mrs. Gopinath
- 1996 - Ghatak - Mrs. Malti Sachdev
- 1994 - Droh Kaal - Zeenat
- 1990 - Police Public - Laxmi, deaf servant
- 1985 - Trikal - Cook
- 1983 - Ardh Satya - Sneha Bajpai
- 1983 - Mandi - Bordello girl
Como directora de música
editar- 1992 – Mujhse Dosti Karoge
- 1991 – Rukmavati Ki Haveli
- 1985 – Doongar Ro Bhed
Aparicións en televisión
editarAno | Programa | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1986 | Yatra | Membro do grupo de traballo | |
1988 | Bharat Ek Khoj | Varios papeis | |
1991 | Lifeline (Jeevanrekha) | Doctor | |
2005 | Fame Gurukul | Directora | |
2014 | Samvidhaan | Hansha Mehta | |
2015 | Coke Studio | Performer |
Notas
editar- ↑ Jha, Shuchita (2 de setembro de 2019). "Singer Ila Arun remembers BV Karanth's contribution | Bhopal News - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Elisardojm/Ila Arun na IMDb (en inglés).
- Exclusive Ila Arun interview DESIblitz.com