-
O proxecto comezou o 8 de marzo de 2003. Quen lle ía dicir a Antonio, o primeiro administrador, que dez anos despois iamos a atoparnos cunha verdadeira enciclopedia en galego que medra día a día! :)
No ano 2013 superouse a cifra dos 100.000 artigos co cal o proxecto aumenta a súa relevancia ó chegar xa a un tamaño considerable. Esta cifra sitúanos entre as primeiras wikipedias do mundo, e achéganos ás enciclopedias clásicas en papel en galego.
Tamén é moi interesante comentar o tema das imaxes. A Galipedia ten especial coidado neste tema e nesta tarefa temos a colaboración de grupos de usuarios alleos ó proxecto, por exemplo, en Flickr hai un grupo que publica imaxes de Galicia cunha licenza compatible coa da Galipedia.
Pero o que máis preocupa na comunidade de editores é a calidade, e todos os días traballamos para mellorala e esta é unha das causas de que o crecemento non sexa tan alto coma noutras wikis.
|