Usuario:Elisardojm/Guión videotitorial Editor visual

Este é un guión para unha serie de videotitoriais para aprender a usar o Editor visual.


Vídeo 1: Ferramentas básicas de edición editar

Imaxe: Pantalla de páxina de probas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como se usa o Editor visual da Galipedia, a ferramenta para crear e editar artigos. Esta ferramenta é moi doada de usar, é semellante a un editor de texto tradicional con algunhas utilidades adicionais para a edición dos artigos.

Imaxe: Ensinar onde están as lapelas e premer en editar.
Son: Para iniciar o Editor temos que premer na lapela "editar", ou "crear" se a páxina aínda non existe, na parte superior da páxina. Se non queremos usar o Editor visual, temos que premer na lapela "editar a fonte" ou "crear a fonte", pero nese caso editaremos directamente o texto-wiki.

Imaxe: Escribir un texto na pantalla.
Son: Para comezar a editar, simplemente temos que escribir na pantalla, o que editemos nela aparecerá exactamente igual no artigo cando publiquemos os cambios.

Imaxe: Ir abrindo as ferramentas citadas para amosar onde están e o que conteñen.
Son: Na parte superior da pantalla temos a barra de ferramentas. Nesta barra están as ferramentas que ten calquera editor: os botóns de desfacer e refacer cambios, o menú parágrafo para dar formato ós títulos de sección, a icona para cambiar o tipo de letra, a icona para engadir listas e a icona para inserir caracteres especiais.

Son: Cando teñamos feitas as nosas modificacións podemos gardar os cambios no artigo premendo no botón de "Publicar os cambios". Na pantalla que aparece deberemos indicar un resumo do que fixemos.

Son: Tes unha páxina de axuda con máis detalles na caixa da esquerda da Galipedia na ligazón "Axuda-> Guía", se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!

Vídeo 2: As ligazóns editar

Imaxe: Pantalla de páxina de probas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como engadir e modificar as ligazóns no Editor visual.

Son: A ferramenta está na icona da cadea. Para engadir unha ligazón interna, é dicir a outro artigo da Galipedia, hai que seleccionar a palabra e darlle á icona. Na pantalla que aparece temos que escribir o nome do artigo ó que queremos que ligue e logo en "Feito".

Son: Se queremos facer unha ligazón externa temos que usar tamén a ferramenta da cadea, pero na pantalla temos que premer na pestana de "Ligazón externa". As ligazóns externas só poden engadirse na sección "Ligazóns externas" ó final do artigo.

Son: Cando teñamos feitas as modificacións nas ligazóns podemos gardar os cambios no artigo premendo no botón de "Publicar os cambios". Na pantalla que aparece deberemos indicar un resumo do que fixemos.

Son: Tes unha páxina de axuda con máis detalles na caixa da esquerda da Galipedia na ligazón "Axuda-> Guía", se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!

Vídeo 3: As referencias editar

Imaxe: Pantalla de páxina de probas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como engadir e modificar as referencias no Editor visual.

Son: As referencias son os piares dos artigos, para engadilas temos que poñer o cursor no lugar onde queremos engadilas e premer na icona "Citar". Iso abre unha pantalla para escoller o seu formato e engadir os seus datos.

Imaxe: Engadir o ISBN 84-7154-379-6 e a web http://www.terra.es como exemplo de referencias en modo automático, logo amosar a pantalla de modo manual.
Son: Hai dúas formas de engadir referencias, "Automático" ou "Manual". O modo automático xera a referencia directamente a partir dun enderezo web, ISBN, DOI, etc. O modo manual xera a referencia en base ós datos que lle indiquemos.

Son: Para que as referencias se visualicen correctamente, temos que engadir unha sección de notas ó final do artigo. Nesa sección temos que engadir o compoñente "Lista de referencias" que se atopa no menú en Inserir -> Máis -> Lista de referencias.

Son: Se queres modificar unha referencia do artigo, hai que premer no seu número e, na pantalla que aparece, darlle a Editar, cambiar os detalles da referencia e logo darlle a "Aplicar os cambios".

Son: No caso de querer reutilizar unha referencia, o que hai que facer é posicionar o cursor no lugar onde se precisa, premer na icona de "Citar". Na pantalla das referencias hai que darlle á pestana de "Reutilizar", así aparece a lista das referencias que xa hai, tan só hai que escoller a que se precisa para que se insira automaticamente.

Son: Cando teñamos feitas as modificacións nas referencias podemos gardar os cambios no artigo premendo no botón de "Publicar os cambios". Na pantalla que aparece deberemos indicar un resumo do que fixemos.

Son: Tes unha páxina de axuda con máis detalles na caixa da esquerda da Galipedia na ligazón "Axuda-> Guía", se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!

Vídeo 4: As imaxes editar

Imaxe: Pantalla de páxina de probas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como engadir e modificar imaxes no Editor visual.

Son: As imaxes dos artigos gárdanse no servidor de Wikimedia Commons onde se comparten entre tódalas Wikipedias. Para engadir unha imaxe no artigo hai que abrir o menú "Inserir" -> "Ficheiros multimedia" e premer na lapela "Procurar". No buscador temos que poñer o tipo de imaxe que precisamos, abaixo cargarase un conxunto de fotos relacionadas e só hai que seleccionar a máis axeitada e despois darlle a inserir.

Son: Despois de inserir a imaxe podemos movela para poñela no sitio máis axeitado.

Son: Tamén podemos modificar os detalles dunha imaxe premendo sobre ela e dándolle ó botón "Editar". Na pantalla que aparece podemos poñer un pé de foto, un texto alternativo, e nas opcións avanzadas, podemos cambiar o tamaño da imaxe e o axuste do texto. Para rematar temos que premer no botón "Aplicar os cambios".

Son: Para engadir unha imaxe nova temos que abrir o menú "Inserir" -> "Ficheiros multimedia" e premer na lapela "Subir". Nesa pantalla teremos que buscar o ficheiro do noso ordenador, marcar que é obra propia, e premer no botón "Subir". Despois só temos que poñerlle un nome, unha descrición e indicar unha categoría. A categoría é como unha carpeta de ficheiros que sirve para organizar fotos relacionadas.

Son: Para engadir galerías de imaxes hai que ir ó menú "Inserir -> Galería". Esta opción permitiranos seleccionar varias imaxes, poñer un pé a cada unha e engadir un título.

Son: Cando teñamos feitas as modificacións nas imaxes podemos gardar os cambios no artigo premendo no botón de "Publicar os cambios". Na pantalla que aparece deberemos indicar un resumo do que fixemos.

Son: Tes unha páxina de axuda con máis detalles na caixa da esquerda da Galipedia na ligazón "Axuda-> Guía", se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!

Vídeo 5: As táboas editar

Imaxe: Pantalla de páxina de probas.
Son: Ola, este é un videotitorial para explicar como engadir e modificar táboas no Editor visual.

Son: Tamén podemos crear táboas nos artigos, para iso temos que ir ó menú "Inserir -> Táboa". Con esta ferramenta engadimos a táboa e logo podemos cambiar as súas propiedades, o tamaño, a cabeceira, se é ordenable, etc. Para aumentar ou reducir as filas e columnas temos que premer no triángulo da cela onde queiramos facer o cambio. Premendo dúas veces seguidas nunha cela poderemos editar o seu contido. Tamén poden fusionarse celas se seleccionamos varias delas.

Son: Cando teñamos feitas as modificacións nas táboas podemos gardar os cambios no artigo premendo no botón de "Publicar os cambios". Na pantalla que aparece deberemos indicar un resumo do que fixemos.

Son: Tes unha páxina de axuda con máis detalles na caixa da esquerda da Galipedia na ligazón "Axuda-> Guía", se precisas máis axuda podes deixar un comentario na Taberna e alí resolveremos as dúbidas que teñas. Moitas grazas!