Usuario:Elisardojm/Carta proxectos educativos IES

Bos días, son Elisardo Juncal, un dos administradores da Galipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm), e póñome en contacto con vostedes para saber se estarían interesados en facer algunha actividade relacionada coa Galipedia no seu centro.

Actualmente estamos dando a coñecer os Proxectos Pedagóxicos (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Proxectos_pedag%C3%B3xicos) da Galipedia a diferentes centros educativos de Galicia, se estiveran interesados en participar, eu, como voluntario da Galipedia, podería asesoralos coa introdución ó proxecto, as posibilidades de participación, a axudarlles a comezar a poñer en marcha un Proxecto Pedagóxico, e a asistilos en todo momento nas dúbidas que tiveran sobre o funcionamento da enciclopedia.

Se fose posible, gustaríame que tamén fixeran chegar este correo ó EDLG do centro por se puidese ser de interese para eles, xa que a Galipedia é unha enciclopedia libre en galego que segue as normas oficiais da RAG.

Nada máis, grazas pola súa atención e un saúdo, Elisardo Juncal