Usuario:Elisardojm/A3GAL/Propostas de proxectos

Se hai algún proxecto que consideras que pode ser de interese para realizar na Galipedia, para aumentar o número de editores, aumentar a súa visibilidade, mellorar os seus contidos, etc., e pensas que a asociación A3GAL pode ser o mellor xeito de levalo adiante, podes presentar aquí a túa idea indicando todos os detalles e necesidades posibles. Falaremos entre todos da súa viabilidade, dos beneficios que pode carrexar para a Galipedia, dos medios necesarios, etc., e decidiremos se levalo adiante ou non.

Abaixo tes un exemplo de como podes presentar o teu proxecto, a medida que vaiamos mellorando este proceso, tamén iremos mellorando esta páxina, isto é un wiki!

Datos necesarios editar

Indica todos os detalles posibles do teu proxecto: obxectivos, público ó que vai dirixido, usuario/s que estarán ó cargo da súa organización, medios necesarios, presuposto económico, etc. Este é un exemplo de como podes presentar o teu proxecto:

Título do proxecto editar

Obxectivos do proxecto editar

Nesta sección podes explicar o que se pretende conseguir co proxecto.

Público ó que vai dirixido editar

Aquí podes explicar o tipo de usuarios posibles ós que se dirixe a proposta.

Responsable/s do proxecto editar

Tes que explicar quen se vai a encargar de organizar o proxecto, as tarefas que realizará, etc.

Medios necesarios editar

Indica nesta sección o material que precisas e outras posibles necesidades da proposta.

Presuposto económico editar

Aquí podes engadir unha aproximación ó presuposto económico do proxecto.

Proxectos propostos editar