Usuario:Elisardojm/A3GAL/Carta presentación Fundacion

Estimados compañeiros da Fundacion Wikimedia, poñémonos en contacto con vos para anunciarvos a creación da nosa asociacion de apoio e difusión da Wikipedia, A3GAL, Asociacion de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre.

Esta asociacion ten o seu ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, España, e pretende traballar principalmente na Wikipedia en galego, pero sen esquecer a colaboración co resto de wikipedias e todo o relacionado co coñecemento libre.

Somos unha organización sen ánimo de lucro legalmente constituída no estado español e esperamos poder comezar canto antes a traballar nestes eidos achegando o noso pequeno gran de area a que o coñecemento se espalle libre por todo o mundo.

Que máis lle dicimos?

Saúdos,
A3GAL