Usuario:Alvararo/European Coordination for Accelerator Research & Development
EuCARD | |
European Coordination for Accelerator Research & Development | |
Keywords | Acelerador, LHC, Acelerador de Partículas, Superconductor, FP7, Investigación, Desenvolvemento, I+D, Europa, Imán, Colimador, Radiofrecuencia, Acelerador Lineal, Colisionadores de Neutrinos, Muones |
---|---|
Objectivo | EuCARD contribuirá á creación dunha Área de Investigación Europea en aceleradores, constituíndo de forma efectiva un laboratorio de aceleradores distribuído en Europa. Dirixirase principalmente á renovación das infraestruturas nos aceleradores europeos á vez que reforza a colaboración entre os seus participantes e desenvolve sinerxías coa industria. |
Participantes | 'European Organization for Nuclear Research (CERN) (coordinator
|
Orzamento | Total: 31 millóns de euros
Financiamento: 10 millóns de euros |
Duración | 1 de abril de 2009 - 30 de marzo de 2013 |
Páxina web | http://cern.ch/EuCARD/ |
EuCARD (European Coordination for Accelerator Research & Development) é un proxecto co-financiado polo Sétimo Programa Marco da Comisión Europea. Comezou o 1 de abril de 2009 e está desenvolvido por 37 participantes de toda Europa, coordinados polo CERN.
Concepto
editarActuando como microscopios xigantescos, os aceleradores de partículas dannos un visón única dos compoñentes básicos da natureza (materia, forzas, enerxía).Co Large Hadron Collider (LHC), a física de partículas e a cosmología están no limiar dunha nova era de descubrimentos, recreando condicións xusto momentos despois do Big Bang. Ademais, moitos aceleradores contribúen á investigación médica, terapia do cancro, bioloxía, ciencia de materiais, así como algunhas aplicacións industriais.
Con tantos campos técnicos que confían na física e tecnoloxía dos aceleradores, o Grupo de Estratexia Europeo para a Física de Partículas seleccionou as áreas prioritarias de investigación e desenvolvemento de aceleradores incluíndo imáns de altos campos magnéticos, superconductividad e aceleradores lineais.
Como consecuencia do proxecto CARE, os participantes de EuCARD apostan por avanzar na investigación europea coordinada e por mellorar as infraestruturas de aceleradores.