Usuaria:Moniquiña/taller 2

As mulleres do 72 son coñecidas deste xeito polos sucesos ocorridos o 10 de marzo de 1972 na cidade de Ferrol (A Coruña). Unha manifestación obreira local protestaba sobre a imposición dun convenio colectivo interprovincial imposto. Os enfrontamentos coa policía remataron con dúas persoas falecidas. No ano 2006 declarouse esta data como Día da Clase Obreira Galega.

As mulleres do 72 foron premiadas o 8 de marzo de 2018 con motivo do Día Internacional da muller no Concello de Ferrol, e foi presentado o documental Esto se cae! con elas de protagonistas.

HistoriaEditar

O 10 de marzo do ano 1972 os traballadores da Empresa nacional BAZAN, convocaron unha manifestación en sinal de protesta e rexeitando o convenio colectivo interprovincial. En España, a información dos feitos foi terxiversada e parcial, máis no resto de Europa e América a represión das forzas públicas foi recollida en varios xornais. Foron asasinados os obreiros Amador Rey e Daniel Niebla, [1]

25/02/2018 La voz de Galicia

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/02/25/span-langgl-sabiamos-ao-sair-da-casa-podiamos-xa-non-volverspan/0003_201802F25C3991.htm

A avogada Cristina Almeida foi unha das defensoras no xuizo internacionalmente coñecido como "os 23 de Ferrol", ante o Tribunal de Orden Público.

Desde o ano 2006 a Xunta declarou o 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega, non festivo, en lembranza dos obreiros asasinados nesa data en Ferrol.

En abril de 2014 o pleno de Parlamento de Galicia debateu a proposta presentada pola deputada Consuelo Martínez do grupo Alternativa Galega de Esquerda (AGE) na que instaba á Xunta a concesión a título póstumo da Medalla de Ouro da Comunidade aos ferroláns Amador Rey e Daniel Niebla. Porén, aínda que contaba co apoio do resto da oposición non foi aprobado polo voto en contra do PPdeG.[2][3]

Premios e recoñecementosEditar

Homenaxe do Concello de FerrolEditar

No ano 2018 o Concello de Ferrol homenaxeou ás mulleres do 72 o 8 de marzo. Das vinte homenaxeadas, todas estaban vinculadas cos estaleiros agás a valenciana Rosario Alabau ou Fina Piñón. O local social de Santa Mariña tamén serviu de xerme para a conciencia para a conciencia política. O 9 de marzo, cando Bazán despediu a sete traballadores que lideraban a liorta polo convenio colectivo (con Pillado, Amor e Riobóo ao fronte), as mulleres sumáronse ás manifestacións. O día 10, elas pediron axuda para os feridos. Fina Varela viu a Amador Rey xa morto na clínica San Javier. O padre de Ánxela Loureiro foi con Daniel Niebla na ambulancia cara Á Coruña mentres lle doaba sangue, máis o mozo chegaría morto ao hospital. [4]

Documental ¡Esto se cae!Editar

Protagonizan o documental ¡Esto se cae!, de Ángel García y Marta Corral, nomeado deste xeito lembrando o berro de guerra para o desexado fin da ditadura.

Ver en :

https://cliomoaseso4.files.wordpress.com/2015/08/ferrol-10-de-marzo-de-1972.pdf

https://ferrol1972.blogspot.com.es/2011/06/la-represion-del-10-de-marzo-de-1972.html

Artigo de Siro:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2015/02/01/10-marzo-1972/0003_201502F1C16993.htm


Noticia sobre o documental:

http://anovamulticonsulting.com/galicia/ecg/ferrol-marzo-72-ciudad-guerreras/idEdicion-2018-02-24/idNoticia-1101535/

Sobre los monumentos

https://paseandoporferrol.wordpress.com/2015/12/28/monumento-al-10-de-marzo/

Cristina Almeida foi invitada a falar no Ateneo Ferrolán co galo da conmemoración do 10 de marzo en 2016. A avogada extremeña, militante do partido comunista naquelas datas exercera como letrada na defensa dos traballadores. Co título Nosoutras estamos aí, mulleres no marzo do 72, tivo lugar o acto onde se reivindicou o papel das mulleres daquela invisibles.[5]

PublicaciónsEditar

No ano 2019, foi presentado o libro Voces da memoria con ollos de muller, escrito por Ánxela Loureiro Fernández para dar visibilidade ás mulleres loitadoras no periodo 1970-1977 e asúa achega para conquistar as liberdades democráticas.[6]

NotasEditar

  1. Salgado, Daniel (2012-03-09). "La Transición fuera del palacio". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-02-26. 
  2. Gallego, Grupo El Correo. "Los obreros de Bazán asesinados por los 'grises' en 1972 no recibirán la Medalla de Galicia" (en castelán). Consultado o 2018-02-26. 
  3. Gallego, Grupo El Correo. "Los obreros de Bazán asesinados por los 'grises' en 1972 no recibirán la Medalla de Galicia" (en castelán). Consultado o 2018-02-26. 
  4. Gallego, Grupo El Correo. "Ferrol, marzo del 72: ciudad de guerreras" (en castelán). Consultado o 2018-02-26. 
  5. "Cristina Almeida hablará en Ferrol sobre el papel de las mujeres en los sucesos del 10 de marzo". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2018-10-10. 
  6. "Ánxela Loureiro: "Na ditadura eu fun detida tres veces e agredida polos Guerrilleiros Cristo Rey"". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2019-04-25. 

Vésaxe taménEditar