Usuaria:Elvire/archive2 du 19 novembre 2007 au 22 mars 2008

Impresionistas editar

Ola Elvire, grazas pola túa mensaxe, o que vou facer, é unificar tódolos artigos de pintores impresionistas, é dicir poñendo grandes caixas con cadros coma na wiki francesa (no artigo de Gustave Caillebotte, vou poñer aínda máis cadros). Por certo, podo pedirche un favor?? se queres axudarme, poderías axudarme a traducir o artigo sobre Eugène Boudin?? Comecei a traduci-lo da wiki francesa pero hai moitas cousas que non sei como traduci-las ben.--Hugo22 16:06, 24 novembro 2007 (UTC)

Non me importa, ti faino como sepas, o que non saibas en galego pódelo poñer en castelan ou frances--Hugo22 16:46, 24 novembro 2007 (UTC)

comte editar

Elvira, que tal? non teño coñecementos de Comte suficientes para che poder dar referencias nin tampouco para expresar unha posición concluínte. No último ano teño lido algo sobre o tema de sistemas complexos e limítome a traducir doutras wikis tratando de mellorar os artigos dos que parto, pero nada máis. Neste caso, limiteime a engadir o Holismo en Comte pois si me parece existente tal relación, toda vez que acababa de "correxer" o artigo de holismo. Se resultara non ser tal, habería ademais que corrixir o artigo de holismo. Sinto non poder responder ás túas dúbidas. Saüdiños.--QuatriNauta 11:52, 25 novembro 2007 (UTC)

Bots e interwikis editar

Pois de bots non entendo moito, así que probablemente me trabuque, mais a idea que teño é que os bots empezan a furrular cos interwikis en canto coñecen da existencia do artigo na Galipedia. E para iso é necesario que o noso artigo teña algún interwiki ou no artigo de outra wiki (preferiblemente unha das grandes, onde hai máis bots) teñan o interwiki cara o artigo da Gali. O de Zurbarán non tiña ligazóns a outras wikis e nas outras wikis non había ligazón ó artigo da Gali, e por iso ata que interviñeches ti non se solucionou. Esa é a idea que teño sobre o funcionamento de Bots, pero alguén que teña un pode dicircho mellor. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:09, 25 novembro 2007 (UTC)


Boas Elvire, sigo a tua participacion no proxecto, é interesante pois ti podes cubrir certas áreas que senon ficarian baleiras. Será un pracer que poidamos colaborar en artigos (mellor que en conversas, pls). Lin o que me escribiches. A dicir verdade, deixoume un pouco contrariado: considero actuei conforme era o meu deber avisando sobre as eleccións. Avisei a todos os que atopei, sin importarme o posible sentido do voto, e varios dos que avisei déronme as grazas, pois senón non se terían enterado. Sinto que che moleste que fale de "primeiras elecions democraticas", pero é que son iso: son eleccions, son as primeiras para ese asunto, e son democraticas (supoño, non?), ¿cal é o problema logo?. Non comparto que falar de "primeiras elecions democraticas" desanime á xente. ¿a que xente? a min o que me desanima por exemplo é precisamente o contrario. Disme que os "vellos" agora teñen que deixar de actuar en plena libertade e actuar mais democraticamente e burocráticamente ... pois claro!, vellos e novos! Iso de actuar "en plena libertade" dáme ademais medo, sóame a "cheque en branco", que non vexo positivo, por experiencias no pasado.

Se non che gusta ouvir iso de "primeiras elecions democraticas", ben algunha desas palabras ou a frase en si, vale, respectoo, pero tamén che pido a ti que respectes a miña opinion e palabras, chamarme a atención sobre iso (non sei con que fin, ¿que pretendes dicindome iso, que o retire ou soamente reprocharmo?) non me parece correcto, pero é a tua opcion. É unha pena que ás veces non nos deamos conta do danoque facemos ás persoas cos comentarios (aqui incluo a todos, a min tamén obviamente).---- Maañón00 (o que ho?) 11:15, 27 novembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Non fixeches nenhun erro, se crees que está mal na categoría, cambialo e xa está. Grazas por o teu aviso. (Perdoa a miña expresión, fa tempo que non practico o galego e xa falabalo mal antes) --Chabi 20:17, 28 novembro 2007 (UTC)

  • Grazas, está moi contento sí, agora imos ter máis traballo tanto o bot coma eu! :D Un saúdo --Banjo tell me 21:17, 1 decembro 2007 (UTC)
  • Ola Elvire! O borrado desa parte da miña intervención xa o recuperei e Alma explicoume que foi un erro sen querer, así que eu douno por feito así. Como o erro está recoñecido e pedidas as desculpas xa non creo que haxa que afondar máis. Respecto ó de vixiar ós administradores non é tan difícil, nos cambios recentes pódesnos atopar fedellando por aí adiante ;). Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:43, 1 decembro 2007 (UTC)
    • Sinto que te viras involucrada nunha lea, xa ves que non é moi bo seguirnos o rastro. Pídoche desculpas pola falla de respecto que te fixeron, agardo que non perdas as forzas de continuar neste proxecto, e continúes coa túa gran laboura. Sigue así e non te amedrentes... pero que digo, se máis ca eu a ti, es ti a min a que me dá os ánimos, hehe. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:09, 1 decembro 2007 (UTC)

Presupoñer a boa fe é unha norma da Wikipedia editar

Que me estés a acusar de vandalismo paréceme xa incrible: Deixote simplemente o que lle deixei no talk de Alberte pedindolle desculpas polo erro:

Perdoa, non me dera conta cando editei, subiuseme o cursor e pensei que non afectara ao que ti puxeras, pero xa que te estou a falar, onde se supón que falei eu de vergonza, Alberte, porque por moito que busco, de veras que non o atopo, penso que entendiches mal, e perdoa de novo por borrar parte do teu, foi sen querelo. Alma (fálame eiquí) 17:03, 1 decembro 2007 (UTC)

Recomendariache a ti que leras os Wikipedia:Cinco piares, especialmente o 4º, onde se di, presupoña a boa fe, as túas dificultades co idioma non son unha excusa para faltar o respecto a outros usuarios, neste caso a min. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 21:55, 1 decembro 2007 (UTC)

Erros de ... editar

Tes razón, Elvire. Non eran erros de tradución senón ortográficos, gramaticais, lingüísticos... dá o mesmo. Deixeime levar pola frase de Alma e por iso din lugar ó malentendido. No fondo, importa pouco: galgos ou podengos, erros corrixidos. Así de fácil era a cousa. Grazas, Elvire, pola túa paciencia e ganas de axudar, algo que compartimos case tódolos colegas da Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 23:26, 1 decembro 2007 (UTC)

Grazas editar

Non sei se o crerás ou non, pero pra min es referencia en moitas cousas. Así que che agradezo infindo os teus parabéns. Saúdos. --Xabier Cid 22:52, 2 decembro 2007 (UTC)

E agora acabo de ler o de Abelardo Miguel. Concordo en ti con todo, pero o que che dixen antes non tiña que ver con isto, senón con intervencións túas moito anteriores. Es unha persoa con moi bo criterio, e terte na Galipedia é todo unha sorte. --Xabier Cid 22:59, 2 decembro 2007 (UTC)

Sobre as traducións e uso doutras wikis editar

Ola, sen ánimo de ofender, creo que o teu voto polo razoamento que empregas baséase en parte en dúas consideracións que non son aceptables para todos os proxecto wikipedia:

1- De onde provén o contido dun artigo é fundamental paraas wikis, a verificabilidade dos contidos é fundamental para os proxectos wiki e un dos seus puntos frouxos. A propia licenza GFDL baixo a que se publican todos os contidos wiki obriga, en parte buscando esta fin da verificabilidade, a sempre utilizar os contidos especificando expresamente a fonte, a autoría orixinaria, e tamén procura que alomenos se recoñeza o traballo de valde de xente que traballou para a publicación de traballos baixo esta licenza. Esto non é unha opinión persoal, é algo claro e evidente polo que é de obrigado cumplimento.
2- Dubidas tamén en que se son regras ou recomendacións. Son Consellos, que poden ser adoptados ou non, moi obvios nalgúns casos, pero tamén tentando quitarlle (xa desde fai tempo) o contido que poidera ter opìnións persoais. O malo desto é que hai consellos, recomendacións estritas e o mesmo tempo obrigacións que tamén están recollidas nas políticas oficiais, pero que o estar tratandose un tema en conxunto viuse como enriquecedor recordar esas obrigas e contextualizalas no fenómeno das traducións. Un exemplo desto é o punto 1, a licenza GFDL é porque sempre se ten que recoñecer a autoría da fonte de tradución literal ou parcial. Por iso se fai necesario comunicar aos editores que respeten a licenza GFDL e sempre referencien a fonte, non se trata de criticar nen abroncar, antes outros nos ensinaron a nós, e non me tiven considerado abroncado por elo.

Espero ter aclarado algo con esto, e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 00:24, 6 decembro 2007 (UTC)

Voto válido editar

Pilláchesme a piques de ir pra cama. Bueno, basicamente que o teu voto é válido, tes 770 edicións cando para votar son 150 e levas 9 meses cando o mínimo son 2. Vamos, que podes votar por moito. Agora, ademais, como xa levas máis de 700 edicións e 4 meses podes votar tamén para administradores! Parabéns e saúdos. AlberteSi, digame? 00:39, 6 decembro 2007 (UTC)

Ola Elvire! Pois levas razón, a ip mudou sen saber que Pondal non escribía galego coa normativa de 1984. Nese sentido, o que vai na Galipedia é correcto: a edición de 1890 era así e a de 1984 é do outro xeito. Así que podes reverter as edicións na wiki francesa sen problema. Un saúdo. AlberteSi, digame? 02:18, 8 decembro 2007 (UTC)
Moitísimas grazas por terme axudado co do Che, coma sempre tan amable. Agradézocho mil. Agora tócame a min completar. Saúdos. AlberteSi, digame? 02:57, 8 decembro 2007 (UTC)

Consellos editar

Xa lle dixen a Lansbricae que por suposto. Estaba escribindo o texto, pero o etsaba facendo á parte porque ao ser un texto case de benvida, non quería empregar un ton que puidese ser mal interpretado... Grazas en todo caso, unha vez máis. --Xabier Cid 00:47, 9 decembro 2007 (UTC)

  • Non te preocupes polos espazos, que o bot non se cansa de traballar :). Grazas polo teu traballo. Un saúdo --Banjo tell me 23:11, 10 decembro 2007 (UTC)

código Da Vinci editar

e non será máis importante o nome do título da tradución en galego que o feito de que sexa máis importante para os bots e a clasificación (cousa que non acabo de entender)?

creo que debes reconsiderar o feito e devolver o artigo ó nome orixinal... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:02, 12 decembro 2007 (UTC)

Solucionado! Agora está ben clasificado nas categorías (polo C), e seguindo o consello de estevoaei devolvín o artigo ó nome orixinal, xa que parece que é o título da tradución galega. Un saúdo. AlberteSi, digame? 23:08, 12 decembro 2007 (UTC)
  • Para que na categoría apareza o título no C e non no O, (por exemplo), faise isto: [Categoría:libros|Código]; Aquí si que cómpre pór maiúsulas, porque se nón aparecería na categoría en "c" en vez de en "C".
    • O de "pola sombra"... O di a xente maior. Non sabes o piropo de "vai pola sombra, non te vaias derreter" para decirlle a alguén que é un bombón? Pois iso, que mellor pola sombra que polo sol. É unha mera fórmula de despedida, pois tamén se usa no inverno e pola noite.

Pois iso. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:26, 12 decembro 2007 (UTC)

Botóns editar

Si, xa mo comentaron, non sei que pasou. Terei que investigar a ver se dou coa solución ou cando menos co problema. Saúdos. AlberteSi, digame? 12:23, 15 decembro 2007 (UTC)

Solucionado :) AlberteSi, digame? 12:49, 15 decembro 2007 (UTC)
Cedo ou tarde aparecerán tamén no Firefox, o noso amado navegador web. E si, "colleja" é un mal galego, porque nin existe no noso idioma esa palabra, quixemos darlle un toque de oralidade poñéndoa porque si que adoita dicirse... quizais tiñamos que poñer "collegha" ou "golpe coa man aberta na caluga" (que é o que significa). Saúdos. AlberteSi, digame? 16:19, 15 decembro 2007 (UTC)

O que queira comer morriña... editar

Elvire: saquei esre refrán do artigo morriña porque son dúas "morriñas" moi diferentes. A do artigo é a añoranza pola terra; a morriña do refrán é carne en mal estado, carne en descomposición. Un saúdo Pedro --Lameiro (conversa) 01:10, 16 decembro 2007 (UTC)

Re: Dubida personal editar

Ola Elvire. Acabo de entrar un momento despois duns días, comprendo e comparto o sentido da túa mensaxe. Agora non podo responder por falta de tempo. Perdoa por non facelo de inmediato, cara o fin de semana tentarei escribir a resposta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:26, 17 decembro 2007 (UTC)

Tes razón e concordo contigo en que os usuarios individualmente poden escoller de que xeito queren contribuír sempre que cumpran os principios da Wikipedia. A tradución é un recurso moi utilizado por moitos motivos: porque a miúdo noutros wikis hai artigos moi bos, porque usuarios que queren colaborar non se senten capaces de elaborar un artigo desde o principio e prefiren basearse no xa feito, hai quen simplemente desfruta traducindo e hai quen atopa nas traducións un xeito rápido de crear máis artigos,... En todas as Wikipedias se traducen artigos, ata aí o que sucede habitualmente. Escribir algúns consellos sobre que se debe e o que non se debe facer coas traducións pode ser útil. Porén escribir unha política como se fose un ensaio incluíndo certas consideracións moi cuestionables é algo moi distinto. É enormemente contraproducente transmitir a idea dun wiki baseado maioritariamente en traducións (máis no caso de seren traducións automáticas) porque en esencia iso non difire dalgúns wikis que crean os seus artigos con bots.

Ao final considerado no seu conxunto —refírome ao peso que teña a tradución no wiki— é unha cuestión de graos, de revisión do material orixinal e de calidade da tradución. Por outra banda, como regra xeral, non é o mesmo traducir desde a Wikipedia en inglés, a Wikipedia en alemán mesmo a Wikipedia en francés onde hai moito material cunha calidade aceptable que traducir desde a Wikipedia en castelán ou en portugués onde hai unha porcentaxe considerable de material moi dubidoso. Se alguén fai unha tradución minuciosa comprobando o material de orixe, completando con novos datos e adaptando á estrutura da Galipedia estará facendo un traballo da mesma índole que ao crear un artigo desde o principio para este wiki. Por desgraza neste momento iso non é o habitual, abúsase da tradución automática, mesmo nalgúns casos teño comprobado que non se leu o artigo do que se traduce porque se fose así certos defectos evidentes non chegarían a publicarse.

Cada proxecto Wikipedia, aínda que teña principios fundadores comúns, ten a súa personalidade. Ata hai pouco a personalidade deste wiki era tentar mellorar en calidade posto que en comparanza con outros wikis o número de artigos totais sempre ía ser pequeno. Nese contexto a contribución individual pode realizarse como mellor queira cada un, pero como wiki non se debe alentar un proceso que de ser maioritario no seu extremo acabaría convertendo a Galipedia nunha mala tradución da Wikipedia en castelán e digo a Wikipedia en castelán porque a historia deste wiki ten demostrado que a maioría das traducións proceden dese wiki.

Algúns compañeiros sinalaron na votación sobre consellos de tradución algúns dos problemas máis evidentes, penso que son eses os que nos preocupan a todos porque as boas traducións de artigos realmente bos non son obxecto de preocupación. Entre os problemas máis evidentes están a traducións de traducións, os artigos que conteñen vandalismos, teñen problemas, están mal redactados ou teñen calquera tipo de defecto, artigos que queren transmitir un punto de vista, aqueles que contradín a estrutura da Galipedia, artigos dunha calidade ínfima, aqueloutros con referencias que non son válidas, entradas cun historial de edicións problemático, etc.

En resumo mentres os usuarios poden decidir colaborar do xeito que prefiran o propio wiki no seu conxunto debe aspirar a mellorar a calidade e ofrecer aos lectores un material cun mínimo de fiabilidade. Aspiramos a espallar o coñecemento libre non a publicar entradas só por aumentar en número de artigos aínda que esas entradas sexan defectuosas. Polo tanto temos unha responsabilidade que consiste en garantir a validez do que se publica. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:25, 23 decembro 2007 (UTC)
Moitas grazas pola túa confianza. Felices festas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:09, 23 decembro 2007 (UTC)

Cea editar

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. Igual non sabes cal escoller, pero polo menos vota para tomar unha decisión. --  Sobreira (parlez) 01:23, 18 decembro 2007 (UTC)

resposta ao teu comentario de "a raíz do toxo verde" editar

Elvire, perdoa, pero non entendo o que queres dicir, nada ... nada. Eu votei en contra nesas votacións que citas. Refíreste a iso? É malo votar en contra? garda iso relación con esta discusión? Por outro lado: ¿que queres dicir no resumo con "a raíz do toxo verde.."? Incluso iso de "Xabier.Cid non te desanimes por favor !" talvez eu sexa un pesado, non sei, pero tampouco coido que fose para tanto .. e se o fose non me importa que mo digas, pero non con indirectas, please. Perdoa se é que te entendín mal, por iso prefiro preguntarcho directamente. Un saüdiño--QuatriNauta 20:46, 5 xaneiro 2008 (UTC)


    • Elvire, canto máis me explicas as túas palabras máis medo me das :-). Sigo sin entender que mestures unha sinxela proposta técnica que fixen Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#redireccións_:_risco_.3D.3E_fai_falla_solución co meu posicionamento fai un mes nunha votación de políticas. Esta mestura non sei se é somentes túa, e dáme medo preguntalo vista a reacción á proposta. Disme que ves "os votos en contra como unha incomprhension do proxecto" e que "non se trata de ca xente sexa de mala fé, tratase unicamente do estado de penetracion cas regras basicas teñen como integracion na comunidade." Pois que alivio!! entón non teño mala fe, somente que aínda non cheguei ao "estado de penetracion das regras basicas"; bon, confío en que non sexan necesarios ritos iniciáticos (é broma :-). A defensa que fas de Xabier Cid paréceme innecesaria, eu non o estaba a atacar. O comentario do "toxo verde" pareceume agresivo, mais non me quero estender máis, somentes nos levaría a máis polémica. En vez de introducir elementos negativos na Galipedia (recriminacións, historias de votacións, apreciacións persoais, etc) porque non tentamos introducir elementos positivos (ilusións, propostas, crear artigos)? Nese afán abofé que me terás de compañeiro. Saüdiños--QuatriNauta 12:04, 13 xaneiro 2008 (UTC)


  • Saquei as que se correspondían con califa e deixei os interwikis de califato.--Arco de Rayne 23:10, 10 xaneiro 2008 (UTC)

O mellor e máis acorde ó que se está a facer é: Río Marne. Un saúdo. AlberteSi, digame? 01:20, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Resposta a Estatuas de monarcas hispánicos editar

Ola Elvire! Hispánico segundo o meu pequeno dicionario (Esencial de galego-castelan) fai unha traducción literaira coa mesma palabra en galego, asi que qué queres que che diga? O meu galego sintindoo moito, pois tampoco é o meu forte. Despois de consultare o da Rag, concordo contigo que podiase moi ben remprazalo por hispano. Moitas grazas polo aviso, procedo de inmediato au remprazo. Recebe un cordial e grande saúado.--Padin 18:36, 20 xaneiro 2008 (UTC)

Ordes e columnas editar

Je suis tout à fait d'accord par rapport aux ordres... Pero xa non estou tan seguro sobre a columna. Ou columna (a arquitectónica) como artigo proncipal e todos os outros ligados dende homónimos? Como o ves?--Xabier Cid 18:58, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Re : vexoo eso mais ou menos como as outras wikis, agás o galego teña uso de lenguaxe espcifico :

A miña preferencia : columna (homonimos) e logo columna (arquitectura), sen esquecer orde arquitectónica, porque ainda que na arquitectura sexan as columnas que principalmente utilizanse pa clasificar os edificios, existe contido enciclopedico pa dous artigos diferentes. Botalle un ollo : fr:Ordre architectural, pt:Ordem arquitectónica e todolos interwikis ... e tamen o penso eu (lol). D'autre part en français on contracte à les en aux (D:). Amicalement ElviraConversa con mi 19:28, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Todo de acordo con respecto ás ordes. Creei a páxina de homónimos de orde para que se derivasen de aí no futuro. Non me convence o de columna, pois creo que o significado principal, aínda que tamén haxa o militar, o anatómico ou o físico, é o arquitectónico. E cando digo principal, penso na cantidade de ligazóns abertas que haberá na wikipedia a columna e a que se referirán cada unha delas. Se cadra estou trabucado, pero nos exemplos das wikis que puxeches parece que hai ese debate. En todo caso, quizais non temos que poñer a ponte antes de chegar ao río, non? Un saudiño --Xabier Cid 23:13, 23 xaneiro 2008 (UTC)
Ah, esquecía... o meu francés está moi moi enferruxado, en especial o escrito. Desde que vivo a este lado do Canal... :) --Xabier Cid 23:13, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Río editar

Ola Elvire! Probablemente se deba a que non editaches sobre a última versión do artigo, senón sobre a penúltima, posiblemente porque mentres preparabas a túa edición a IP adiantóuseche e fixo a súa antes ca ti. Así gardaches despois unha versión máis antiga. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:16, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Río Tormes editar

Boa noite, Elvire: Supoño que sería un problema semellante ao aludido na mensaxe anterior a esta. Grazas - Usuario 213.60.56.143, 27 xaneiro 2008, 23:27

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos.

--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:49, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Reponse à artigo de calidade editar

Bonjour Elvire,

Je remercie de tout coeur les éloges que tu fait à propos de l'article sur les Estatues des monarques hispaniques. Tu est la première personne à me faire une si jolie remarque, et même si elle me paraît en peut flatteuse ça m'encourage à continuer avec cet article que pour le moment n'est qu'au début du commencement.

  • Tu m'offres d'une part, ton aide et moi je te répond que tout à fait d'accord; comme tu peut constater l'article en question était plutôt dirigé vers une galerie d'images de monarques dans la catégorie sculpture, et puis ça dégénéré vers la catégorie Histoire (c'est ma faiblisse ). Donc impossible de faire marche arriérée. La création de nouvelles listes de monarques ou tableaux s'impose ainsi comme les liens correspondants, si tu regardes dans la wiki .es ou même la wiki.ca celles-là me paraissent parfaites et si on arrive à les adapter à la Galipedia, et bien, tan mieux.
  • Concernant la candidature comme artigo de calidade, pour ma part je ne peut qu'être d'accord, ceci est une question qui ne peut se régler qu'a niveau dans consensus. D'autre part, savoir quand sera-t-il terminé ? C'est une autre affaire.
  • Cet article tel quel est dirigé plus vers les Wikis hispaniques que les étrangères, mais on peut, pourquoi pas, trouver dans le même style celui qui correspondrait en France, par exemple.

Je crois avoir répondu à tes trois questions, je reste toujours disponible pour t'aider si possible dans te démarches. Très cordialement, --Padin 19:09, 5 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza editar

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:32, 9 febreiro 2008 (UTC)

Benvidas editar

Ola, entendo a benvida como tal, polo que non adoito a esperar a que fagan ningunha edición. Cando un usuario se rexistra doulle a benvida que lle pode axudar a facer esa primeira edición da que falas. Que existan porque eu os saúdo non é certo, existen como usuarios desde o momento en que se rexistran. Un saúdo e parabéns pola intención de axudar a usuarios novos, é moi boa cousa, o que tes é esta páxina especial onde si podes ver as contribucións que fan os novos usuarios [1] e desde as súas aportación sen que os agobiemos tratar de axudar como fixeron con nos. Lansbricae (Ti dirás) 12:58, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola, sinto non poder axudarte nesta ocasión, xa que eu tampouco sei como se vixila iso. Eu decátome dos votos e das votacións nos cambios recentes. A ver se hai alguén que che poida axuadr. Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:12, 10 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta galaica editar

Penso que se cadra considerarás revisar o sentido do teu voto á luz desta nova fonte bibliográfica que achei que contradí os principais argumentos de Xabier acerca de que ningún especialista fala dunha tal Lingua celta galaica: The Language(s) of the Callaeci. Eugenio R. Luján Martínez, Dept. Filología Griega y Lingüística Indoeuropea, Universidad Complutense de Madrid http://www.uwm.edu/Dept/celtic/ekeltoi/volumes/vol6/6_16/index.html Saúdos. --Casdeiro 22:49, 13 febreiro 2008 (UTC)

entendimento editar

Elvire, tes razón, procedo a borrar inmediatamente o teu nome. Nota que o que digo é que non entendín as explicacións que me deche, non quere dicir que non te entenda a ti. Saúdos--QuatriNauta 22:45, 14 febreiro 2008 (UTC)

ordes e a cidade das galletas Lu editar

Xa vin... non creo que sexa moi importante editar rápido, senón editar ben. E ti falo moi ben... Esa frse estivo moi ben retirala. Moi ben moi ben. :) Cadaquén ao seu ritmo, non te preocupes. Un saudiño. --Xabier Cid 22:41, 15 febreiro 2008 (UTC)

Subcategorías Terra Media editar

Grazas pola aclaración e polo voto. Póñome a recategorizar xa mesmiño :) Un saúdo.--Manudosde 10:23, 16 febreiro 2008 (UTC)

Nantes editar

Bom dia.

Thank you for your message.

I can read Galician, but hardly write it, so I am going to use English.

I should have said that I am French, and also that I am an inhabitant of Nantes. So I know a little bit about the problematic of Loire-Atlantique/Bretagne.

Of course, to say that Nantes (or Loire-Atlantique) was separated from Brittany in 1789 is not right, because what happened then is the suppression of Brittany, but I thought that the date 1789 was better than the date 1941, which I found, and I had the intention to add that, when regions were created, the region Brittany was formed with 4 instead of 5 departements...

Now, it is true that the page in Galician about Nantes is very short, and I should be glad if you added other informations.

Amicalement

--AUBRIANT 14:55, 16 febreiro 2008 (UTC)

Bonjour.

Je traduis le paragraphe "Of course... :

Bien sûr, dire que N a été séparé de la Bretagne en 1789 n'est pas exact, parce que ce qui s'est passé alors est la suppression de la Bretagne, mais je trouvais que cette date de 1789 était meilleure que celle de 1941, qui se trouvait indiquée ; j'avais l'intention d'ajouter que, quand les régions ont été créées, la région Bretagne a été formée de 4 départements au lieu de 5...

En ce qui me concerne, j'ai travaillé récemment sur Jorge Semprun et sur l'histoire du PCE, et j'ai donc pas mal contribué sur les pages fr mais aussi es ; puis je suis allé voir sur les pages catalanes et galiciennes et j'ai fait quelques corrections. Maintenant je suis passé un peu par hasard sur la page Nantes es qui était un peu développée. La page galicienne est effectivement encore très courte ; la page catalane n'est pas très longue, mais très intéressante.

--AUBRIANT 16:27, 16 febreiro 2008 (UTC)


Pintor Xudeu editar

Ola Elvire, non sei porque quitaches as categorías de Pintor xudeu, o fei de que ti creas que non son enciclopédicas non significa que as poidas quitar sen facer antes unha votación, de feito, na wikipedia inglesa que supostamente é o modelo que nos gustaría seguir, existen esas categorías--Hugo22 23:37, 19 febreiro 2008 (UTC)

Imaxes da semana editar

Agrádame que che gustasen as fotos (Image:Arzua._A_Castanheda._Galiza._vaca.jpg, e Image:Achas.jpg). Si, hai unha regra, na Galipedia non é posible propor as propias imaxes ou votar sobre as propias imaxes, teno que facer outro. Esas imaxes teñen calidade suficiente como para ser imaxes da semana (o que non sei é se todo o mundo as verá interesantes, especialmente a das achas). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:35, 22 febreiro 2008 (UTC)

Mensaxe movida editar

Ola, Elvire, ao pechar a votación movín a túa proposta a Conversa:Illas_Ons. Saudiños. --Xabier Cid 12:15, 23 febreiro 2008 (UTC)

Aniversario editar

Ola Elvire. Faltan dous días para que se cumpra o teu primeiro aniversario neste wiki. Calquera agradecemento pola túa contribución ha ser menos do que mereces. Moitas grazas pola túa colaboración na Galipedia e no Galizionario. Grazas, tamén, pola axuda cos usuarios de lingua francesa. Espero que sigas desfrutando colaborando neste proxecto durante moito tempo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:18, 25 febreiro 2008 (UTC)

RE editar

Non tes nada que sentir. Como viches xa me bloquearon e morre o conto das camarillas. Non creo na bipolarización do proxecto e agora mesmo eu non son compatible con el a non ser que acepte un trato especial polo que deixarei de editar. Pola miña parte o respeto segue intacto e non creo que non facía falla que tacharas a túa opinión da miña páxina de conversa. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 21:36, 26 febreiro 2008 (UTC)


Vale, agora entendo menos o texto tachado antes co título de medir a fala, nin que ten que que ver o título coa primeira parte tachada e esta segunda, pero vale. O que xa semella moi recurrente é a análise que fas de que actuarei ou actúo noutros ámbitos de xeito distinto, semella que forma parte dunha tendencia a querer psicoanalizarme.

No choio da colaboración mútua creo que é cuestión de varios pero causame extrañeza cando na wiki francesa especificaches que non confiabas nos artigos sobre castros da galipedia (e por iso só facías un pequeno bosquexo na tradución) xa que os seus contidos non eran moi fiables ou neutrais. Mágoa desa falta de colaboración. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:55, 28 febreiro 2008 (UTC)

A-6 / AP-6 editar

boas, Elvire!

vexo que na wiki:fr hai dous artigos: un para a A-6 (Madrid-A Coruña) e outro para a AP-6, que é un tramo da anterior.

prégoche que na wiki:fr retires o artigo AP-6 da categoría "transportes de Galicia" (xa que non discorre por aquí) e que lle retires os interwikis, xa que os artigos ós que leva son distintos; asímesmo, se escribes que a AP-6 (autoestrada de Peaxe-6) é un tramo da A-6 (autovía-6), creo que quedará todo ben aclarado.

Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:57, 27 febreiro 2008 (UTC)

O segundo sexo editar

Grazas polo aviso da data de publicación, foi un erro involuntario ao teclear.--Filo-Laxeiro 22:02, 27 febreiro 2008 (UTC)

Lingua celta dos galaicos editar

Grazas polos ánimos e polo interese na materia. A verdade é que nunca oíra que pervivira tanto tempo a fala celta en Galiza. Aínda que si me soa que alguén escribira unha vez nalgunha mailing-list que había probas ou indicios cando menos de que se falaba aínda nalgunha zona remota e illada de Galiza xa ben avanzada a Idade Media. Sería cuestión de investigar, conseguir ese libro, buscar outras fontes... pero vexo que é mellor que o fagan os especialistas. Saúdos. --Casdeiro 21:44, 28 febreiro 2008 (UTC)

Grazas + Parabéns editar

Non me fixei no borrado de datos en Reis de Asturias. Moitas grazas por emendar o meu erro. --Xabier Cid 18:30, 29 febreiro 2008 (UTC). E de paso aproveito para darche os parabéns. Es unha editora estupenda, moi meticulosa, exacta, precisa... Encántame o que fas. --Xabier Cid 18:37, 29 febreiro 2008 (UTC)

Desculpas editar

Non puxera a ligazón correcta... Desculpa. --Xabier Cid 14:05, 2 marzo 2008 (UTC)

Voto editar

Non é exactamente fóra de prazo, senón despois de que se pechase a edición... Non sei. Non o teño claro, pero vouche facer caso. ;) --Xabier Cid 13:06, 6 marzo 2008 (UTC)

lol, lol... vaia exemplo se persoa sen criterio o meu! :) Ben, vou agardar un pouco... pensalo dúas ou tres veces máis. A decisión non é relevante dende o punto de vista da edición, nin porque haxa unha mala fe por parte do usuario (que obviamente non a hai), senón en como resolvemos iso de cara ao futuro. Nun pasado non moi lonxano despracei un comentario sobre unha votación pechada á páxina de conversa (ou sexa, mantiven a opinión nun sitio máis axeitado) e iso podería indicarnos que debería optar pola supresión e non pola reversión. Pero, vaia, a idea é que cando se pecha a edición se intenta evitar ese traballo de "anular" votos fóra de prazo e, por outra parte, preservar a snapshot (¿instantánea?) dun consenso determinado. Se isto sucede unha soa vez non ten importancia, pero, e se sucede moitas, cal é a mellor decisión?. Sigo cavilando... :) --Xabier Cid 13:32, 6 marzo 2008 (UTC)

Escudo Imaxe:Xuntagalicia.png editar

Esa imaxe ten que ser borrada. Hai moitas restricións sobre o seu uso. Non reparara nela. Ademais non é acorde coa lexislación. As cruces e a hostia teñen que ser de prata (grises) e son brancas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:39, 6 marzo 2008 (UTC)

Mes Imaxes catastrophiques editar

Ola Elvire,

Rien ne t'échappe a toi, je vois que l'article (Lista de monarcas de Francia) copié de la wiki.fr viens de faire un carton, tan mieux pour moi, mais comme je vois aussi que tu est disposée à me donner un coup de main, c'est avec plaisir que j'accepte très volontiers. Dit moi pour quoi certaines images ne veulent pas s'afficher ...? Je suis incapable de savoir. Si tu peut, ou quand tu auras un peu de temps d'analyser cet phénomène que me fait mal à la tête. Je viens de faire une bricole pour essayer de les récupérées, mais s'asservirait encore plus une catastrophe. Merci encore pour les encouragements. Padin 18:15, 8 marzo 2008 (UTC)

Re:Transfert d'images editar

Toujours moi, Elvire ne sois pas si modeste, ma réponse est que tu est une championne de l'image. Bravo pour ton boulo . Parfait tu est la meilleure. Et encore merci, ata a próxima, un saudo de Padin 18:28, 8 marzo 2008 (UTC)

Aviso nos artigos Galicia e Galiza editar

Non entendín moi ben a túa mensaxe. ¿O que me propós é que o aviso o poña no propio artigo, en vez de na páxina de conversa? Miguel.lima 14:10, 9 marzo 2008 (UTC)

Imaxes do artigo Lista de monarcas de Francia editar

Boas Elvire,

Mon premier mot est de te féliciter pour le bon travail que tu bien de réaliser avec les derniers images, maintenant j'en suis très de l'article, donc a partir de là il ne reste qu'un travail de « posta a punto », ajouter les bons liens internes, etc. Alors, pour quoi ne pas recréer un autre avec cet même modèle pour les monarques hispaniques? C'est une idée comme une autre. Non? Recebe un moi cordial saúdo, et... Bon dimanche! ---Padin 17:59, 9 marzo 2008 (UTC)

Imaxes das parroquias de Narón editar

Ola Elvire, por máis que miro e remiro as imaxes que subín esta mañá, non sei exactamente que foi o que ti modificaches, ulo.--PepedoCouto 14:55, 10 marzo 2008 (UTC) Grazas Elvire, acabo de arranxalas.--PepedoCouto 16:28, 10 marzo 2008 (UTC)

  • Ola Elvire, tratarei de arranxar o desbaraxuste que houbo en Galeusca, a ver se hoxe ou mañá o fago. Para facelo antes teño que desfacer todo o lío que se fixo, é dicir, trasladar contidos sen trasladar historiais. Feito isto habería que ver cales serían os movementos entre a xente que entende, pero creo que o que di Arco de Rayne é totalmente acertado. Un saúdo. AlberteSi, digame? 18:36, 10 marzo 2008 (UTC)

Statues de monarques, une liste? editar

Ola Elvire, C'est ne pas une liste pour moi, je dirait plutôt une galerie d'images (statues) de façon chronologique e qu'on pourrait en partant de cet article aller vers des liens adaptés, soit vers l'histoire de ces personnages ou d'autres sujets comme l'art de la sculpture, etc. Esta é unha idea comme « tant d'autres » algún dia atoparemos a solucción ao « problème ». Je compte bien sur sur toi. D'autre part, si tu veux apprendre à patauger le galicien tu pet commencer avec moi (« unha de cal e outra de area » comme ils dissent les espagnols) et ne te gêne pas, par-ce-que moi non plus je ne suis pas très dégourdi. Mon galicien est un « patois » celle qu'on parle avec la famille ou les potes, sans se soucier de savoir si on le parle bien ou non. La Galipedia nous offre la riche possibilité de nous exprimer dans ces deux melosas langues que sont aussi les nôtres, profitons en pour nous améliorer. Un cordial saúdo--Padin 12:09, 11 marzo 2008 (UTC)

Wikipedia:A Taberna (xeral)#Comentario sobre o maratón wikipédico, xa que son en parte responsábel de todo isto editar

Creo que unha intervención miña inadecuada levou a que malinterpretases o que eu quería dicir.

Onde puxen: Rectifico o expresado, certamente tras reler as súas contribucións neste asunto non o teño claro

Quería poñer (e por iso rectifiquei o texto): Rectifico o expresado no texto que tachei, certamente tras reler as súas contribucións neste asunto non o teño claro

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:26, 14 marzo 2008 (UTC)

Re: Non Pedida de informacion editar

Ola Elvire. Grazas polo aviso, xa o vira. Creo que é favorable que haxa ataques contra min e que aparezan todos os que están "agochados". Tendo un pouco de paciencia servirá para facer por fin a luz neste e noutros problemas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:48, 19 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza editar

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Pierres e Helenas editar

Ola, Elvire. xa suprimín o contido de Helena, e movín o outro a Helena, Montana. Agora os traballos que quedan pendentes son:

  • creación da páxina de homónimos Helena (ou Helena (homónimos), e deixar Helena a secas para o personaxe grego -- creo que é a mellor opción).
  • amañar todas as redireccións e ligazóns erradas que poida haber a ese respecto.

Con respecto a Pierre teño máis dúbidas... que cres que debería incluírse na páxina de homónimos? --Xabier Cid 13:24, 19 marzo 2008 (UTC)

Re:Non te desanimes editar

Grazas, pero non é desánimo. É só que creo que xa tiven demasiado protagonismo neste asunto. Creo que polo ben de todos debe continuar outro, se é que se considera importante.

Estou canso do tema. Intentei non facelo eterno non entrando en negar o que outros dicían e intentando aportar algo diferente en cada intervención. Non teño máis que dicir. Creo que se pode perfectamente percibir a miña perspectiva:

  • Quero que a actividade se realice (vaise realizar de tódolos xeitos).
  • Non estamos preparados para esa actividade.
  • É preocupante a entrada de 20 a 100 monitores con interese laboral na Galipedia dirixidos por un administrador que tamén pode ter ese mesmo interese. Nada máis.

Iso si, creo que polo ben de todos debo tomar unhas breves vacacións no que respecta a este tema. Inda que penso que hai que crear políticas, eu non me sinto indispensable e, ademais, entendo que non son o adecuado para continuar, polo que vou vover ós meus labores habituais.

Acepto tamén que non se vexan as cousas como eu as vexo, de aí a miña retirada. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:07, 22 marzo 2008 (UTC)