Usipetes
pobo xermánico
Os Usipetes (do latín, Usipetes; también aparecen como Usipi, usipos) foron unha tribo xermánica da que temos noticia no século I. Estaba relacionada cos téncteros, cos que viviron durante un certo tempo, ata que cruzaron xuntos o Rin e foron atacados e derrotados por Xulio César.
Historia
editarTácito conta que unha cohorte de Usipi formou parte como auxiliares nas campañas militares do xeneral Agrícola na Britannia. Os Usipetes non aparecen mencionados na Germania de Tácito pero aparecen en César nas súas Guerra das Galias (IV,1; 4; 16; 18; VI,35) como un pobo que invadiu a Galia no -55.