Ursula Rakova, nada no illote de Han, é unha ecoloxista e activista do cambio climático de Papúa Nova Guinea, premiada polas súas contribucións ambientais ao desenvolvemento do seu país.[1]

Infotaula de personaUrsula Rakova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePapúa Nova Guinea Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua indonesia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no illote de Han, no atol das illas Carteret. En 2005 estableceu un sistema de educación comunitaria en Bougainville como alternativa ao errado sistema escolar público. En 2006, fundou Tulele Peisa, unha organización sen ánimo de lucro para axudar ao seu pobo a recolocarse, xa que as illas Carteret estaban cada vez máis expostas á suba do nivel do mar.

Como Directora executiva desta organización é a responsable de organizar o traslado dos habitantes das illas Carteret ao continente da provincia de Bougainville.[2][3] O primeiro asentamento estableceuse en Tinputz.[4] Prevese que as illas deixarán de ser habitables no ano 2040, o que converterá ao pobo de Rakova nos primeiros refuxiados ambientais do mundo.[5][6]

Rakova axudou a establecer varias ONG ambientais en Papua Nova Guinea e Bougainville. Coordinou un caso legal histórico no que os warangoi demandaron con éxito aos madeireiros ilegais e obtiveron unha compensación polos seus recursos forestais roubados. Creou Bougainville Cocoa Net Limited para axudar aos insulares recolocados en Carteret a mellorar a rendibilidade e a vitalidade das familias e comunidades de pequenos agricultores de cacao en Papúa Nova Guinea, producindo cacao de comercio xusto.[7]

Recoñecementos editar

En 2008, Rakova foi galardoada co premio Pride of PNG (Orgullo de Papúa Nova Guinea) polas súas contribucións ambientais ao desenvolvemento do seu país.[8]

Notas editar

  1. "Community Input Improves Climate Change-Induced Resettlement Effort" (en inglés). Consultado o 2021-04-20. 
  2. "Ursula Rakova - WOMADelaide 2018". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-12. 
  3. "The Human Face of Climate Change Migration: Ursula Rakova from Carteret Islands, PNG | Caritas" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2018-03-12. 
  4. "Q&A with Ursula Rakova, Climate Activist for the Carteret Islands - Women Deliver" (en inglés). 2016-05-15. Consultado o 2018-03-12. 
  5. "View from Papua New Guinea: Our Homes Are Disappearing" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-12. 
  6. ""We have to move now": Islanders watch as their home disappears in the sea - The Catholic Leader" (en inglés). 2016-04-20. Consultado o 2018-03-12. 
  7. "The Interview: Ursula Rakova" (en inglés). 2016-04-17. Consultado o 2018-03-12. 
  8. "Ursula Rakova - Our World". Consultado o 2021-04-20. 

Véxase tamén editar

 Ligazóns externas editar