Úrsula Heinze

escritora alemá en lingua galega
(Redirección desde «Ursula Heinze»)

Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.

Infotaula de personaÚrsula Heinze

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Úrsula Heinze de Lorenzo Editar o valor em Wikidata
18 de xuño de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Colonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Colonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , tradutora , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa e poesía
LinguaLingua castelá, lingua alemá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRamón Lorenzo Editar o valor em Wikidata
FillosAmaya Lorenzo Heinze Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 374 Dialnet: 3650402

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Xermánica. Casou con Ramón Lorenzo en 1968 e dende 1977 reside en Galicia. Foi lectora de alemán na Universidade de Valladolid entre 1973 e 1977 e, posteriormente, catedrática de ensino medio de inglés e alemán. Dende que abandonou o ensino en 1978 adícase en exclusiva á creación literaria e á tradución, colaborando na radio (en particular na Radio Galega), na prensa (en El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e en revistas literarias.

Obtivo o Premio Merlín de literatura infantil en 1986 coa obra A casa abandonada. A mesma obra figuraría entre as finalistas do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 1989. Escribe tamén novelas e relatos breves para adultos, polos que recibiu o Premio Blanco Amor (1993) e o Premio Losada Diéguez (1994). Traduciu para o galego obras de Heinrich Böll, Uwe Johnson, Günter Grass, Mira Lobe, Elisabeth Heck e Michael Ende (Premio Ramón Cabanillas 1991 de tradución). Foi fundadora (Maastricht, 1989) e presidenta do PEN Clube de Galicia de 1991 a 1995, e é membro do PEN alemán (1995). En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.

A súa obra literaria caracterízase por tratar de maneira directa temas e xéneros marxinais e infrecuentes na literatura galega como o que ocupa os seus libros de madurez: a depresión, o erotismo feminino na vellez. Tal como salienta Ramón Nicolás: "é un trazo singular da súa obra literaria, diante de asuntos considerados tabús en boa medida para tratalos literariamente coa solvencia que exhibe unha narradora contrastada e de inequívoca solidez".[1]

Obra editar

 
Úrsula Heinze nunha entrevista en 2017.

Narrativa editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Ensaio editar

  • Arredor da muller en 18 mundos (1985). Xerais.
  • Xente coma min (1989). Sotelo Blanco. ISBN 978-8478240227.
  • As chamadas linguas e literatura minoritarias (1991).
  • Mulleres (1991). Xerias. ISBN 9788475075150. Descricións de 8 mulleres.
  • Fronteiras da alofonía, do alemán ó galego (1993).
  • ... e os domingos, un croissant (2015). Alvarellos.

Poesía editar

  • Versos de terras distantes (1995).
  • Credo: Gedichte = Poemas (1999). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[6]
  • Torso: Gedichte = Poemas (2002). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[7]
  • Nadir: Gedichte = Poemas (2005). Edición bilingüe con tradución ao galego de Ramón Lorenzo.[8]
  • Nur meer sein/Solamente sen mar (2005).
  • Na pel do insomnio (2008) Follas Novas.
  • Skyline (2008). Espiral Maior. Edición bilingüe con tradución ao galego da propia autora.[9]
  • Molto amoroso (2011) Follas Novas. Edición bilingüe.[10]
  • Escolma poética, 1997-2008 (2012). Universidade de Santiago de Compostela.

Tradución editar

Obras colectivas editar

Obra en alemán editar

Poesía editar

  • Wassersprache, 1997
  • Meine Verse klingen nach Erde, 1997
  • Dein Verrat, 1998
  • Erdbeerlicht, 1999
  • Drei deutschsprachige Dichterinnen/Trei poete de limba germana, Münich 1999 (antoloxía de tres poetas alemás: Heinze, Ursula Haas e Carla Kraus; bilingüe alemán/romanés)
  • Credo, (bilingüe alemán/galego), 1999
  • Laubnacht, 2000
  • Sommeruntergang), 2000
  • Spanische Wand, 2000
  • Nachtbläue, 2001
  • Ambra (bilingüe alemán/galego), 2001
  • Atlantisches Tief, 2001
  • Schilfgang, 2002
  • Torso (bilingüe alemán/galego), 2002
  • Im Winde gekleidet, 2002
  • Schattenblätter/Hojas de Sombras (bilingüe alemán/castelán), 2002
  • Saeculum Saeculorum, 2003
  • Mitlesebuch 68, 2003
  • Mexikanische Runnenblicke/Mirarunas Mexicanas (bilingüe alemán/castelán), 2004
  • Die zeit begehen, 2004
  • ....fremdgehen nichts dagegen, 2004.
  • Nadir (bilingüe alemán/galego), 2005
  • Nur meer sein (bilingüe alemán/castelán), 2005
  • Carpe Diem, 2006.
  • Ein auge genügt in den abgrund zu blicken, 2006.
  • Das meer aufgeschlagen, 2006.
  • Liebesblätter, 2006/2007
  • Steingesang, 2007.
  • Überwinterung, 2008.
  • Skyline, (bilingüe alemán-galego), 2008.
  • Amal, 2008.
  • Wie eine insel (bilingüe alemán/castelán), 2009.

Obra en castelán editar

Tradución editar

Premios editar

Notas editar

  1. Nicolás, Ramón (30/12/2018). "Delirios de pracer, de Ursula Heinze de Lorenzo". Caderno da crítica. Consultado o 22/1/2019. 
  2. "El sueñu perdíu d'Elvira M.". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  3. "Vinovata de Asasinat". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  4. Álvarez, Inés. "Vivencias de Úrsula Heinze en ‘Flashes’". El Correo Gallego. Consultado o 16/7/2020. 
  5. Requeixo, Armando (Outubro, novembro, decembro 2020). "As mulleres que derrubaron o tiranoCartografías do eu". Revista Grial. LVIII: 99–101. ISSN 0017-4181. 
  6. "Credo: Gedichte = Poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  7. "Torso". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  8. "Nadir: Gedichte = poemas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  9. "Skyline". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 
  10. "Molto amoroso (poemas/Gedichte)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25/09/2019. Consultado o 1/7/2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar