Urogale everetti
Tupaia de Mindanao,
tupaia de Filipinas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Scandentia
Familia: Tupaiidae
Xénero: Urogale
Mearns, 1905
Especie: U. everetti
Nome binomial
Urogale everetti
(Thomas, 1892)

Urogale everetti, coñecida na bibliografía internacional como tupaia de Mindanao ou tupaia de Filipinas, é unha especie de mamífero placentario da orde dos escandentios e familia dos tupaíidos, a única do xénero Urogale.[2]

É endémica da illa de Mindanao, en Filipinas.

O seu estado de conservación na actualidade, segundo a UICN, é LC (pouco preocupante).[1]

Caracteísticas

editar

Urogale everetti é a máis pesada das tupaias, xa que chega aos 355 g, e é de hábitos sobre todo terrestres.[3]

Mide entre 17 e 20 cm de cabeza e tronco, máis de 11 a 17 cm da cola. Ten un fociño particularmente alongado e unha cola arredondada e peluda. A súa pelaxe é de coloración parda, coas partes inferiores de cor alaranxada ou amarela. É de hábitos diúrnos, desprazándose rapidamente no solo.[4]

Bioloxía

editar
 
Distribución.

Distribución e hábitat

editar

Urogale everetti encóntrase, como os seus nomes vulgares indican, en Mindanao, en Filipinas, (e tamén nas illas de Dinagat e Siargao), onde vive en selvas e zonas montañosas de vexetación densa, normalmente ao longo dos cursos fluviais, até alturas entre os 900 e os 1200 m.[1][4]

Nutrición

editar

A súa dieta é variada, e inclúe insectos, lagartos, paxaros, ovos de aves e froitas.[4]

Reprodución

editar

Crese que na natureza aniñan no solo, ou en acantilados. Observáronse os seus hábitos de cría en cativerio, onde as femias paren 1 ou 2 crías despois dun período de xestación de 54 a 56 días.[4]

Taxonomía

editar

Descricións

editar
Xénero

O xénero Urogale foi descrito en 1905 polo ornitólogo e naturalista estadounidense Edgar Alexander Mearns, en Proc. U. S. Natl. Mus., 28: 435.[5]

Especie

A especie fora definida anteriormente, en 1892, polo zoólogo británico Oldfield Thomas, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 6, 9: 250.[2]

Etimoloxías

editar
Xénero

O nome do xénero, Urogale, está formado polo elemento do latín científico uro-, tirado do grego antigo οὐρά ourá, 'cola' e palabra grega γαλῆ galẽ, 'donicela'. Literalmente, 'donicela de cola'.[6]

Especie

O nome específico, everetti, é unha homenaxe ao administrador colonial británicoe recolledor de espécimes zoolóxicos Alfred Hart Everett (1848–1898).

Sinónimo

editar

A especie coñeceuse tamén polo sinónimo Urogale cylindrura Mearns, 1905.[2]

Clasificación

editar

O xénero Urogale é monoespecífico, e non se lle coñecen subespecies:[2]

  • Xénero Urogale
    • Urogale everetti
  1. 1,0 1,1 1,2 Tabaranza, B., Gonzalez, J. C., Rosell-Ambal, G. & Heaney, L. (2008): Urogale everetti na Lista vermella da UICN.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Urogale everetti en MSW.
  3. Napier, John Russell & Prudence Hero Napier (1976): Handbook of living primates: morphology, ecology and behaviour of nonhuman primates. New York, NY, USA: Academic Press. ISBN 978-0-12-513850-5.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Nowak, Ronald M. (1999).
  5. Urogale en MSW.
  6. Urogale Arquivado 15 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. en Animalia. Etymology of animal names.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Yates, T. L. (1984): "Insectivores, elephant shrews, tree shrews, and dermopterans" en Anderson, S. & J. K. Jones, Jr., eds. Orders and Families of Recent Mammals of the World. Nova York: John Wiley and Sons, pp. 117–144.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar