Universidade de Valencia

(Redirección desde «Universitat de València»)

Coordenadas: 39°28′45″N 0°21′33″O / 39.4790511, -0.3590873

A Universidade de Valencia (oficialmente Universitat de València-Estudi General, en valenciano), fundada en 1499 baixo o nome de Estudi General, é unha das universidades máis importantes e antigas de España. É unha universidade pública, orientada á docencia e investigación en case todos os ámbitos do saber. Figura entre as catro mellores universidades españolas conforme o sistema de acreditación que elabora a Universidade de Shanghai Jiao Tong.

Universitat de València-Estudi General
Datos xerais
LocalizaciónValencia
Datos actuais
ReitorEsteban Morcillo
Alumnos55.000(curso 2009-2010)
Datos de contacto
EnderezoAv. Blasco Ibáñez, 13
46010 Valencia
Páxina webwww.uv.es
Facebook: universitatdevalencia Twitter: UV_EG Instagram: universitatvalencia Dialnet: 819118 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edificio histórico da Universidade de Valencia

Divídese en tres campus principais: Blasco Ibáñez,[1] Tarongers[2] e Burjassot-Paterna,[3] contando ademais con numerosas extensións, delegacións, centros adscritos e localizacións exemplares, como o edificio histórico de La Nau, o Xardín Botánico ou o Palau de Cerveró.

En marzo de 2010 contaba con aproximadamente 55 000 alumnos entre todas as súas titulacións, sendo así a maior universidade en número de alumnos das sete que conforman o sistema universitario da Comunidade Valenciana (contando tamén as dúas universidades privadas da autonomía) e a sétima a nivel estatal. Contaba con preto de 1.700 empregados de Administración e Servizos e máis de 3 500 docentes e investigadores.

Historia da Universidade de Valencia editar

A pesar de que xa desde o século XIII existía en Valencia a posibilidade de cursar certas ensinanzas superiores, estas eran impartidas por casas e entidades diferentes. Por iso, os Xurados de Valencia esforzáronse en reunir todas os estudos dependentes da cidade e da igrexa nun único "Estudi General". Froito deste traballo foron os estatutos publicados en 1412 e aprobados polo goberno municipal e o bispo Hugo de Llupià. Inicialmente as aulas establecéronse nuns locais sitos xunto á Igrexa de San Lourenzo, aínda que a liberdade de educación outorgada polos foros de Valencia permitiu que se estabeleceran escolas tamén noutros puntos. Esta primeira unificación dos estudos durou só até 1416, aínda que serviu de base para a futura creación da Universidade.

Anos despois, a rica sociedade valenciana do século XV, verdadeiro Século de Ouro Valenciano, desexaba que os estudos impartidos na súa cidade alcanzaran o rango de estudos universitarios, impelendo o Consello municipal a retomar a tarefa de unificación dos estudos. Desde o punto de vista loxístico, o Consello acordou a adquisición de casas e leiras que serviran de instalacións do Estudio Xeral, mentres que desde o punto de vista administrativo encargóuselle aos Xurados de Valencia que elaboraran uns segundos estatutos que previran a concesión de títulos académicos de nivel universitario. O resultado do primeiro foi a compra a Isabel Saranyó, o 1 de abril de 1493, dunha casa con hortas e patios que se convertería na primeira sede da Universidade: o actual Edificio da Nave. O resultado do segundo foi a redacción das Constitucións do Estudio Xeral o 30 de abril de 1499.

Co aparato loxístico e administrativo xa preparado, só faltaban as correspondentes licenzas para iniciar as súas actividades. Estas chegaron primeiro da man do papa Alexandre VI, quen coa súa bula pontificia do 23 de abril de 1501 recoñecía a nova universidade e autorizaba o arcebispo a outorgar os títulos de bacharelato e de doutor en nome da autoridade pontificia, e despois polo rei Fernando o Católico, quen ratificou o seu carácter universitario co seu privilexio real de 2 de febreiro de 1502. Así, o Estudio Xeral inaugurouse oficialmente o 13 de outubro de 1502 con prerrogativas e distincións equivalentes ás da universidades de Roma, Boloña, Salamanca e Lleida.

Titulacións editar

Titulacións de primeiro ciclo editar

  • Diplomatura en Información e Documentación
  • Diplomatura en Ciencias Empresariais
  • Diplomatura en Educación Social
  • Diplomatura en Fisioterapia
  • Diplomatura en Enfermería
  • Diplomatura en Logopedia
  • Diplomatura en Nutrición e Dietética
  • Diplomatura en Óptica e Optometría
  • Diplomatura en Podoloxía
  • Diplomatura en Turismo
  • Diplomatura en Traballo Social
  • Diplomatura en Relacións Laborais
  • Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, esp. Sistemas Electrónicos
  • Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, esp. Telemática
  • Mestro, esp. Audición e Linguaxe
  • Mestro, esp. Educación Especial
  • Mestro, esp. Educación Infantil
  • Mestro, esp. Educación Musical
  • Mestro, esp. Educación Primaria
  • Mestro, esp. Educación Física
  • Mestro, esp. Lingua Estranxeira

Titulacións de 1º e 2º ciclo editar

  • Enxeñaría Informática
  • Enxeñaría Química
  • Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
  • Licenciatura en Bioloxía
  • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte
  • Licenciatura en Ciencias Ambientais
  • Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración
  • Licenciatura en Comunicación Audiovisual
  • Licenciatura en Dereito
  • Licenciatura en Economía
  • Licenciatura en Farmacia
  • Licenciatura en Filoloxía Clásica
  • Licenciatura en Filoloxía Hispánica
  • Licenciatura en Filoloxía Francesa
  • Licenciatura en Filoloxía Catalá
  • Licenciatura en Filoloxía Inglesa
  • Licenciatura en Filoloxía Alemá
  • Licenciatura en Filosofía
  • Licenciatura en Historia
  • Licenciatura en Historia da Arte
  • Licenciatura en Matemáticas
  • Licenciatura en Física
  • Licenciatura en Medicina
  • Licenciatura en Odontoloxía
  • Licenciatura en Pedagoxía
  • Licenciatura en Psicoloxía
  • Licenciatura en Química
  • Licenciatura en Socioloxía
  • Licenciatura en Xeografía
  • Licenciatura en Xornalismo

Titulacións só de 2º ciclo editar

  • Enxeñaría Electrónica
  • Licenciatura en Bioquímica
  • Licenciatura en Ciencias Actuariais e Financeiras
  • Licenciatura en Ciencias do Traballo
  • Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos
  • Licenciatura en Criminoloxía
  • Licenciatura en Filoloxía Italiana
  • Licenciatura en Humanidades
  • Licenciatura en Ciencias e Técnicas Estatísticas
  • Licenciatura en Investigación e Técnicas de Mercado
  • Licenciatura en Tradución e Interpretación
  • Licenciatura en Psicopedagoxía

Programas de dobre titulación editar

  • Administración e Dirección de Empresas + Dereito
  • Socioloxía + Ciencias Políticas
  • Dereito + Ciencias Políticas
  • Economía + GEE (Graduado Europeo en Economía)
  • Administración e Dirección de Empresas + GEDE (Graduado Europeo en Dirección de Empresas)
  • Enxeñaría Informática + Enxeñaría Técnica en Telecomunicación, especialidade Telemática.
  • Dereito + Criminoloxía

No curso 2010-2011 completouse a implantación dos novos Graos. Máis información en Oferta de Graos

Oferta complementaria editar

Os programas de intercambio con outras institucións académicas estranxeiras e os programas de cooperación internacional e axuda ao desenvolvemento, permiten aos estudantes realizar parte dos seus estudos en Europa, Norte América, América Latina, e Asia. Hai tres tipos de programas de mobilidade: o programa Erasmus, os programas internacionais de mobilidade (PIM), e os programas específicos de mobilidade. En relación coa mobilidade de estudantes no marco do programa Erasmus, a Universitat de València está entre as máis activas de Europa.

O Instituto Confucio da Universitat de València Arquivado 23 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. promove a lingua e cultura chinesa e apoia a ensinanza do chinés. As súas intalacións atópanse na Facultat de Filologia, Traducció i Comunicació.

O Centre Internacional de Gandía da Universitat de València Arquivado 13 de outubro de 2012 en Wayback Machine. ofrece cursos, masters e seminarios, e desenvolve o Espazo de Cultura Brasileira. Durante o verán realiza a Universitat d’Estiu de Gandia, sendo unha das máis antigas de España no seu xénero.

O Centre d'Idiomes da Universitat de València ofrece ensinanaza de linguas á comunidade universitaria. Está aberto a todas as persoas que desexen mellorar o seu coñecemento de linguas.

Facultades e escolas editar

 
Universidade de Valencia. Campus dels Tarongers.

A Universitat de València posúe 18 Facultades e Escolas localizadas nos seus tres grandes campus urbanos. Cada unha alberga Departamentos, até un total de 92, e ofrecen diversas titulacións de grao, masters oficiais e programas de doutoramento. Pode realizarse unha visita virtual Arquivado 25 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. de cada Centro mediante vistas panorámicas.

Campus de Burjassot-Paterna

Campus de Blasco Ibáñez

Campus de Tarongers

Extensión Universitaria de Ontinyent

Biblioteca editar

Un dos elementos máis significativos da Universidade é a súa biblioteca [1]. A orixe desta remóntase á doazón, en 1785, dos libros de Francesc Pérez Baier. Inaugurouse en 1788, sendo reitor Vicent Blasco. Actualmente, a biblioteca histórica está situada no edificio de La Nau (rúa da Universidade, 2, Valencia). Aquí se conservan manuscritos, incunables e impresos publicados entre os séculos XVI ao XX. Durante a Guerra da Independencia unha bomba provocou un incendio no edificio da Universidade e provocou a perda da maior parte do fondo fundacional.

A biblioteca universitaria foi, durante a Guerra Civil e despois, depositaria dos libros requisados a particulares e a institucións, os cales constitúen un fondo de grande utilidade para o estudo da historia social e as artes gráficas desta época. Destaca a colección de carteis da Guerra Civil española.

O século XX viu a aparición de diferentes facultades e escolas universitarias, e a creación das súas correspondentes bibliotecas. Tamén naceron bibliotecas departamentais. A partir da aprobación dos Estatutos da Universidade de Valencia en 1985 configurouse un servizo xeral denominado Servizo de Información Bibliográfica (SIB) [2], que aglutina todas as bibliotecas existentes na Universidade dotándoas de instrumentos de cohesión.

No ano 1990 inaugurouse a Biblioteca de Ciencias Eduard Boscà; no ano ano 1999, a Biblioteca de Ciencias Sociais Gregori Maians; no ano 2002, a Biblioteca de Humanidades Joan Reglà; e no 2009, a biblioteca de Ciencias da Saúde Pelegrí Casanova. O esquema organizativo complétase con outras bibliotecas máis pequenas.

Fundacións da Universidade de Valencia editar

  • A Fundación Xeral da Universidade de Valencia, facilita a adquisición e usos de elementos, documentos e asesoramento do alumnado.
  • La Tenda, adquisición de produtos e elementos de uso cotián do alumnado e profesorado.
  • O Padroado Martínez Guerricabeitia foi creado en 1989 por iniciativa do empresario Jesús Martínez Guerricabeitia e da Fundació General da Universitat de València, coa finalidade de fomentar e difundir a actividade creativa no campo das artes plásticas contemporáneas e incrementar o patrimonio artístico da Universidade de Valencia.
  • Observatorio de Inserción Profesional e Asesoramento Laboral. Información sobre bolsas e o acceso ao mundo laboral.
  • O Padroado de Actividades Musicais naceu coa vontade de promover a difusión e creación musical dentro da Universidade e o seu contorno.
  • A Fundació Universitat Empresa xestiona, a través do seu departamento de Formación de Posgrao e de Especialización, os cursos de posgrao e especialización da Universidade de Valencia.
  • A Fundación Parque Científico da Universitat de València,Arquivado 23 de xullo de 2012 en Wayback Machine. xestiona o Parque Científico da Universitat de València no que se localizan grupos de investigación xunto co viveiro de empresas de base tecnolóxica, tanto externas como spinoff da propia universidade.

Colexios maiores editar

Propios da Universidade
Centros adscritos á universidade
  • Colexio Maior "Albalat"
  • Colexio Maior "Ausiàs March"
  • Colexio Maior "La Alameda"
  • Colexio Maior "La Asunción de Nuestra Señora"
  • Colegio Maior San Juan de Ribera
  • Colexio Maior Saomar

Alumnos destacados editar

 
Retrato do reitor Juan Bautista Peset Aleixandre.

Reitores da Universidade editar

 
Retrato do Reitor Nicolás Ferrer Julve, polo pintor Julio Cebrián Mezquita (1854-1926)

Desde a súa fundación a Universidade de Valencia tivo os seguintes reitores :

Século XVI:

Século XVII:

Século XVIII:

Século XIX:

Século XX:

Século XXI:

Notas editar

  1. "Campus de Blasco Ibañez". www.uv.es. Consultado o 2019-02-04. 
  2. "Campus dels Tarongers". www.uv.es. Consultado o 2019-02-04. 
  3. "Campus de Burjassot-Paterna". www.uv.es. Consultado o 2019-02-04. 
  4. Reitor de forma irregular, cando Pere Joan Monzó foi encarcerado durante sete meses, delegando o cargo a Terès.
  5. García Martínez, Sebastián (1985). Universidade de Murcia, ed. "San Juan de Ribera y la primera cuestión universitaria (1569-1572)" (PDF). Contrastes:Revista de Historia Moderna (Murcia) Nº 1: 3–50. Consultado o 24 de febreiro de 2012. 
  6. Mancebo, María Fernanda (1994). Universitat de València, ed. La Universidad de Valencia: de la monarquía a la república, 1919-1939. Valencia. p. 394. ISBN 84-370-1603-7. Consultado o 31 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar