Universidade de San Carlos

A Universidade de San Carlos é unha universidade fundada a finais do século XVI con sede en Manila, Filipinas.

Universidade de San Carlos
Datos xerais
Fundación1595
FundadorAntonio Sedeno, Pedro Chirino, Antonio Pereira
Datos actuais
Profesores800
Alumnos15000
Datos de contacto
Páxina webwww.usc.edu.ph
editar datos en Wikidata ]
Placa conmmemorativa da Universidade

Historia editar

Foi fundada como Colexio de San Ildefonso polos xesuítas Antonio Sedeno, Pedro Chirino e Antonio Pereira en Cebú, Filipinas, o 1 de agosto de 1595.

Debido a discrepancias de cando considerar a data de fundación (construción, permiso real, nomeamento ou data dos primeiros estudos impartidos), a Universidade de San Carlos dispútase xunto á Universidade de Santo Tomás, fundada o 28 de abril de 1611 en Manila, polo título da universidade máis antiga existente en Asia[1][2].

Siglas editar

O nome da Universidade de San Carlos é abreviado como USC, o mesmo que a Universidade de Santiago de Compostela (fundada en 1495), a Universidade do Sur de California, University of South Carolina nos Ánxeles (fundada en 1880), a Universidade de Carolina do Sur, University of South Carolina, Columbia (fundada en 1801 como South Carolina College), a Universidade do Sur do Caribe University of Southern Caribbean en Trinidad e Tobago (fundada en 1927) e a Universidade Santiago de Cali, Universidad Santiago de Cali en Cali, Colombia (fundada en 1958).

Programas académicos editar

Os seguintes programas académicos e curriculares son ofrecidos polas diferentes escolas da universidade:

Educación básica: editar

  • Preescolar/Montessori
  • Escola primaria (grados 1-6)
  • Escuela secundaria (7º a 10º curso)

Ensino secundario editar

  • Senior High School (cursos 11º-12º)

Educación Superior editar

  • Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño
  • Facultade de Artes e Ciencias
  • Facultade de Economía e Empresa
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Enxeñaría
  • Facultade de Profesións Sanitarias
  • Facultade de Dereito e Gobernanza

A USC alberga estudos de Posgrao que ofrece programas na Facultade de Arquitectura, Belas Artes e Deseño, Facultade de Artes e Ciencias, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Facultade de Educación, Escola de Enxeñaría, Escola de Profesións Sanitarias e Facultade de Dereito e Gobernanza.

Notas editar

  1. "Fundación de la primera Universidad de Asia". IPS Formación (en castelán). 2021-04-28. Consultado o 2022-07-10. 
  2. "UST, USC engages in friendly debate – Today's CAROLINIAN". web.archive.org. 2019-04-22. Archived from the original on 22 de abril de 2019. Consultado o 2022-07-10. 

Véxase tamén editar